Miguel Tellado (nuevo secretario general) y otras destacadas novedades certifican que la renovación del PP en Galicia es un hecho

Feijóo y el nuevo secretario general, Miguel Tellado
RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este sábado a elección do portavoz do partido, Miguel Tellado, como novo secretario xeral do PP de Galicia, pasando a ocupar o posto que ata agora ostentaba Alfonso Rueda.

Nado en Ferrol no ano 1974, Tellado é licenciado en Ciencias Políticas e Sociais pola Universidade de Santiago de Compostela e ten dous fillos. 
Exerceu como xefe de prensa do Concello de Ferrol entre os anos 2003 e 2007, como xefe de gabinete da Consellería de Traballo e Benestar entre o 2009 e o 2011, como xefe de gabinete da Alcaldía de Ferrol tralas eleccións municipais de 2011. 
Nas eleccións autonómicas de 2012 ocupou o número catro da candidatura do PP ao Parlamento de Galicia pola provincia de A Coruña, e o 16 de setembro de 2014 foi nomeado voceiro do PP de Galicia.
Coa a elección de Tellado búscase a unha persoa con coñecemento do partido, con experiencia nos medios de comunicación, novo e pertencente a esa xeración de políticos á que o PPdeG deu visibilidade na súa Ponencia política presentada en 2015 e que agora colle as rendas do Partido Popular de Galicia cun posto de alta responsabilidade.
Tellado, quen tamén presidiu a Comisión Organizadora do XVI Congreso autonómico que os populares celebran esta fin de semana en Ourense, ten unha ampla traxectoria en procesos electorais, tanto a nivel do partido en Ferrol como a nivel autonómico. Precisamente por isto é o perfil axeitado para afrontar os comicios que, con carácter inminente, se vivirán en Galicia nos vindeiros meses: as eleccións xerais e as autonómicas galegas.
Alberto Núñez Feijóo anunciou tamén outros cambios no seu Comité Executivo. Así, suprime a Vicepresidencia creada en 2006 e o cargo de voceiro creado no momento no que o secretario xeral formaba parte do Goberno. Ambos postos son reemplazados por catro vicesecretarías executivas: de Acción Social, Mari Teijeiro; de Acción Electoral, María Luisa Piñeiro; de Acción Municipal, Ana María Villarino, e de Acción Sectorial, Agustín Hernández.

Todos eles acompañarán a un total de 16 coordinadores de área, 20 vogais natos, 22 electivos, catro de designación do presidente e outros cargos pertencentes ao PP exterior.   

EXECUTIVO do PARTIDO POPULAR de GALICIA

PRESIDENTE

Alberto Núñez Feijóo

PRESIDENTES DE HONRA

Xerardo Fernández Albor
Mariano Rajoy Brey


SECRETARIO XERAL

Miguel Tellado Filgueira


VICESECRETARIOS XERAIS

DE ACCIÓN SOCIAL: Mary Teijeiro
DE ACCIÓN ELECTORAL: María Luisa Piñeiro
DE ACCIÓN MUNICIPAL: Ana María Villarino
DE ACCIÓN SECTORIAL: Agustín Hernández



PRESIDENTES DE COMITÉS

ELECTORAL: Alfonso Villares
DEREITOS E GARANTÍAS: Celso Delgado


COORDINADORES

1-.ORGANIZACIÓN: Alberto Pazos
2-. COMUNICACIÓN: Mar Sánchez Sierra
3-. NOVAS TECNOLOXÍAS: Ovidio Rodeiro Tato
4-. MOCIDADE E PARTICIPACIÓN: Javier Dorado
5-. MEDIO RURAL: Raquel Arias
6-. MAR: Luis Oujo
7-. CULTURA: Teresa Egerique
8-. TURISMO E COMERCIO: María del Carmen Yánez
9-. ECONOMIA E EMPREGO: Borja Verea
10-. TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS: María Ramallo
11-. ACCION EXTERIOR: Antonio Rodríguez Miranda
12-. IGUALDADE: Susana López Abella
13-. ESTUDOS E FORMACIÓN: Álvaro Pérez López
14-. FINANZAS: Ignacio López-Chávez Castro
15-. RENOVACIÓN E ANÁLISE: Jorge Pan
16- INTERPARLAMENTARIA: Paula Prado


VOGAIS NATOS

1. Diego Calvo Pouso
2. Elena Candia López
3. José Manuel Baltar Blanco
4. Alfonso Rueda Valenzuela
5. Miguel Ángel Santalices Vieira
6. José Manuel Barreiro Fernández
7. Pedro Puy Fraga
8. Diego Gago Bugarín
9. Sergio Camiña Eiras
10. Nidia Arévalo Gómez
11. Rosa Mª Gallego Neira
12. Martina Aneiros Barros
13. Agustín Hdez. Fdez de Rojas
14. Jaime Castiñeira Broz
15. Jesús Vázquez Abad
16. Jacobo Moreira Ferro
17. Elena Muñoz Fonteríz
18. Pilar Rojo Noguera
19. Ana Pastor Julián
20. Francisco Millán Mon




VOGAIS DESIGNACIÓN PRESIDENTE

1. Edelmira Barreira
2. Marta Rodríguez Arias
3. Susana Vázquez Dorado
4. Teresa Villaverde

VOGAIS RESIDENTES AUSENTES

1. José Gil Doval (Suiza)
2. Alejandro López Dobarro (Argentina)
3. José Antonio Alejandro González (Venezuela)


 VOGAIS ELECTIVOS

1. José Luis Martínez Sanjurjo
2. Carlos Martínez Carrillo
3. Carlos Calvelo
4. José Manuel Rey
5. Ángeles Vázquez
6. Juan de Dios Ruano
7. José Manuel Cores Tourís
8. Jesús Otero Varela
9. Román Rodríguez
10. Jesús Vázquez Almuíña
11. José Carlos López Campos
12. Miguel Domínguez Alfonso
13. Juan Jiménez Morán
14. Flora Moure
15-.Eloína Núñez Masid
16. Antonio Pérez Rodríguez
17. José Antonio Armada
18. Juan Carlos Armesto
19. Daniel Veiga
20. Javier Jorge Castiñeira
21. Encarna Amigo
22. José Luis Álvarez


Di ser un reto relevar a Alfonso Rueda e fíxase como obxectivo gañar e gobernar tralas vindeiras eleccións xerais e autonómicas

Tellado, abrumado pola confianza de Feijóo: “Serei un servidor máis do partido”

O voceiro do PPdeG e futuro secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo estar abrumado pola confianza depositada nel por parte do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e dixo marcarse como desafío as vindeiras eleccións xerais e autonómicas. “O reto é gañar e gobernar”, di.

Destaca a dificultade de relevar a Alfonso Rueda, que deixa o listón moi alto, e apunta que será “un servidor máis do partido”. Ademais, aposta por traballar coordinadamente coas estruturas provinciais e traballaremos “como un equipo”.

“Agardo non defraudar e estar á altura das responsabilidades asinadas”, dixo Tellado, quen apuntou que foi na noite de onte cando Alberto Núñez Feijóo trasladoulle a súa designación-.