Controlada la situación en el fuego devastador originado en la factoría de Fandicosta, en Domaio

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

EFECTIVOS DE EMERXENCIAS TRABALLAN NA EXTINCIÓN DUN LUME NUNHA NAVE INDUSTRIAL EN MOAÑA
  • A Xunta activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) en nivel 1 e o de contaminación mariña (Camgal) en fase de alerta
 Efectivos de distintos corpos de emerxencias traballan arestora para tentar controlar e extinguir un lume que se orixinou nunha nave industrial (Fandicosta) no concello pontevedrés de Moaña. O 112 tivo constancia do incendio, que ten lugar no lugar de Verdeal, na parroquia de Domaio, contra as 18 horas, e polo momento descoñécense as causas do lume, que presumiblemente se iniciou nunha estancia situada na parte alta da nave. 

Ante a posibilidade de que se producise algunha fuga dalgún material químico cos que se traballaba na nave, como amoníaco, vense de activar o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 1. Do mesmo xeito, tamén se activou o Plan de contaminación mariña de Galicia (Camgal) en fase de alerta, ante a posibilidade de que se produza un episodio contaminante. 

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizou de inmediato os bombeiros do Morrazo, de Vigo, do Baixo Miño e do Salnés- Ribadumia, que enviaron dotacións ao lugar e que traballan nos labores de extinción, especialmente para evitar que o lume se propague ao resto das instalacións. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local, de Protección Civil e da Garda Civil e o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias está en alerta por se fose precisa a súa mobilización. 

O lume está a provocar unha intensa fumareda que provocou problemas de visibilidade en vías como a autoestrada AP-9, sendo tamén informada a Garda Civil de Tráfico, que confirmou o corte desta vía á altura de Rande. Así mesmo, levouse a cabo dende o primeiro momento a evacuación dos traballadores da nave e posteriormente se ten advertido aos veciños da zona que tomen as medidas de autoprotección precisas, como que permanezan nas súas casas e pechen portas e fiestras, dada a proximidade da nube de fume ás súas vivendas. 

Ata o lugar desprazáronse a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o director xeral de Emerxencias, Luis Menor. No marco do Camgal decidiuse enviar á zona o buque Irmáns García Nodal, e ata alí tamén acudiron un equipo do Plan de control de verteduras de Augas de Galicia e técnicos de Calidade Ambiental para facer medicións da calidade do aire e das augas. 

Pola sua banda, a Deputación de Pontevedra desprazou ás instalacións de Fandicosta en Moaña a todos os efectivos dos Parques Comarcais do Servizo Contra Incendios e de salvamento para colaborar nas tarefas de extinción do lume que afecta as naves da empresa frigorífica. Ante a magnitude do incendio, a Presidenta Carmela Silva e o deputado responsable do Servizo, Carlos Font, están a coordinar o apoio e a colaboración dos efectivos dos Parques de Ribadumia, O Porriño e Bueu co Xerente do Consorcio Provincial, Roberto Jorge Correa, que se atopa supervisando os traballos na zona do sinistro

Nota Bene : los daños materiales son elevadísimos, si bien no hay que registrar desgracias personales. Las instalaciones de Fandicosta se encuentran en  Domaio, municipio de Moaña y se dedicaban a la elaboración de congelados. El humo del incendio llegó a cubrir buena parte del inmediato Puente de Rande. La empresa Fandicosta figuraba en el 2015 como una de las cien gallegas más importantes teniendo en cuenta su facturación. Las instalaciones de Fandicosta soponen más de 25.000 metros cuadrados. Procesa pescado congelado, disponiendo de un frigorífico de capacidad para almacenar 15.000 toneladas





Vista del incendio en Domaio, contemplado
desde la orilla de enfrente,
en Cidadelle-Chapela.
Debajo, las instalaciones de Fandicosta,
antes del pavoroso incendio de hoy