YA ESTÁ COMPLETO EL CARTEL DEL FESTIVAL "SONRÍAS BAIXAS"

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

O Festival SonRías Baixas encherá Bueu de música e de festivaleiros con ganas de troula durante a primeira fin de semana agosto, cun cartel musical fresco e orixinal que combina artistas consagrados con formacións novas e moi prometedoras. La Gran Pegatina, Soziedad Alkoholika, La Vela Puerca, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, Boikot, Vendetta, La Sra. Tomasa, The Skarnivals, Chotokoeu, Poetarras, Gold & Colt... 
Doce bandas de distintos estilos e procedencias que teñen unha cousa en común: un directo enerxético e festivo que, xunto cos momentos de praia, lecer e gastronomía que caracterizan o Festival do morrazo, converterá a cita nunha experiencia única e irrepetible que quedará gravada na memoria dos asistentes. As entradas están á venda na web, nas tendas de Rei Zentolo e outros puntos de venda físicos a un prezo reducido de 29,50 euros máis gastos o abono dos dous días, coa acampada incluída. O prezo na billeteira será de 35 euros.