11/4/16

Vigo : la Xunta informa de primera mano a vecinos y comerciante sobre el estado actual del proyecto de la "Ciudad de la Justicia"

Un momento de la reunión con varios representantes de la zona de Pizarro
RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)  

Alfonso Rueda indicou que o Goberno galego seguirá a traballar para que avanzar en todas as frontes co obxectivo de que en 2019 estean xa executadas as obras 
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda informou hoxe de primeira man a representantes dos veciños e comerciantes o estado actual dos trámites que se están a levar a cabo para albergar no antigo Hospital Xeral a futura cidade de Xustiza, e que sexa unha realidade no 2019. Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves mantivo hoxe unha reunión con representantes das asociacións de veciños e comerciantes da zona do hospital Xeral, concretamente co presidente e o vocal da Asociación de Veciños San Roque, e con varios comerciantes da zona de Pizarro. A proposta plantexada polo goberno galego foi recibida cunha valoración moi positiva acadando un consenso favorable tanto por parte dos axentes xudiciais: xuíces, fiscais, procuradores, avogados, secretarios e xunta de persoal; como dos comerciantes e asociacións da zona, dos arquitectos, do Concello de Vigo e da Tesourería da Seguridade Social, propietaria do edificio. O vicepresidente indicoulles que o goberno galego segue a traballar para que nas vindeiras semanas se poidan pechar os flocos que faltan e lograr avances en todas as frontes para que no 2019 estean executadas as obras. Así, explicou que está ultimando a definición do concurso de ideas que concretará o proxecto de reforma mediante un convenio co Colexio de Arquitectos de Galicia. Segundo indicou Alfonso Rueda, colaborarase especialmente cos arquitectos vigueses para que colaboren coa Xunta na realización deste concurso de ideas, cun prazo de propostas de dous meses, dotado con 200.000 euros, sendo o gañador o encargado de levar a cabo o proxecto. O xurado estará composto por arquitectos, o alcalde de Vigo, o Xuíz Decano, o Fiscal Xefe provincial, ademais de membros da Xunta. A viabilidade da proposta está constatada desde o punto de vista legal, técnico, estrutural e económico e presenta numerosas vantaxes. Daríaselle uso a un edificio emblemático, que contribuiría a dinamizar a cidade e concentraríase nun só edificio e no centro de Vigo toda a actividade xudicial, dotando á administración de xustiza dunhas instalacións de grande nivel. Ademais, permitiría gañar espazo respecto ao proxecto actual e probablemente estaría en funcionamento nun prazo máis breve do tempo.