6/4/16

Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 conta cun orzamento de 1.186 millóns de euros

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

La conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a clausura das xornada de presentación do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 que conta cun orzamento de 1.186 millóns de euros. A titular da Consellería destacou a importancia deste plan para loitar polo rural galego xa que permite subvencionar medidas  en todos os ámbitos, atendendo especialmente á xestión sostible dos bosques, á restauración, preservación e mellora da viabilidade das explotacións agrícolas e á competitividade de todos os tipos da agricultura, xunto coa necesaria promoción das tecnoloxías innovadoras. Unidas, estas actuacións permitirán fixar poboación nas nosas vilas e aldeas e reducir a brecha entre o rural e o urbano.