O GOBERNO GALEGO DÁ LUZ VERDE Á CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA DESPREGAR REDES DE 100 MEGAS EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)
  • Afirma que esta é a primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020, que prevé estender redes ultrarrápidas en zonas con alta demanda e que non teñen aínda cobertura
  • Di que o obxectivo é que o 90% da superficie empresarial ocupada en Galicia poida ter acceso a redes de 100 megas en ano e medio. Para isto, a Xunta conta cun orzamento de máis de 3,4 millóns de euros ata 2018 e estímase que se mobilicen en total máis de 5,2 millóns de euros
  • Lembra que hoxe, dos 164 polígonos industriais de Galicia, só 46 teñen xa acceso a redes de 100 megas e outros tres teñen previsto telos. Neste senso, a medida aprobada hoxe oriéntase cara aos 115 restantes 
  • Asegura que, como mínimo, a Xunta busca que as redes ultrarrápidas cheguen a 50 polígonos máis que, sumados cos anteriores 49, suporían case o 90% da superficie empresarial ocupada
  • Agarda que este ano as redes de 100 megas cheguen a 13 novos polígonos, a outros 22 en 2017 e, finalmente, a 15 máis en 2018, chegando así aos 50 que nos marcamos como mínimo
  • Sinala que os beneficios deste Plan de Banda Larga 2020 non se limitarán só aos polígonos. De feito, o Goberno galego aspira a que, a finais da década, toda a poboación teña acceso a redes de 30 megas; e que seis de cada dez galegos dispoña de redes de 100 megas

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en polígonos industriais.   

Como sinalou Feijóo, contar cunha conexión a Internet da máxima calidade é clave para acceder a moitos dos recursos que ofrece a rede de redes e precisou que esta é a primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020, que prevé estender redes ultrarrápidas en zonas con alta demanda e que non teñen aínda cobertura.

O titular do Goberno galego destacou que esta actuación ten como obxectivo que o 90% da superficie empresarial ocupada en Galicia poida ter acceso a redes de 100 megas en ano e medio. Para isto, a Xunta conta cun orzamento de máis de 3,4 millóns de euros ata 2018, cofinanciados nun 75% por fondos Feader. En todo caso, estímase que se mobilicen en total máis de 5,2 millóns de euros. 

Con respecto a isto, Feijóo lembrou que hoxe, dos 164 polígonos industriais de Galicia, só 46 teñen xa acceso a redes de 100 megas e outros tres teñen previsto telos. Neste senso, indicou a medida aprobada hoxe oriéntase cara aos 115 restantes. 

Con todo, apuntou tamén que, como mínimo, a Xunta busca que as redes ultrarrápidas cheguen a 50 polígonos máis que, sumados cos anteriores 49, suporían case o 90% da superficie empresarial ocupada.

Con respecto aos prazos, neste mesmo ano esperamos que as redes de 100 megas cheguen a 13 novos polígonos, a outros 22 en 2017 e, finalmente, a 15 máis en 2018, chegando así aos 50 que nos marcamos como mínimo.

Por outra banda, Feijóo lembrou que os beneficios deste Plan de Banda Larga 2020 non se limitarán só aos polígonos. De feito, o Goberno galego aspira a que, a finais da década, toda a poboación teña acceso a redes de 30 megas; e que seis de cada dez galegos dispoña de redes de 100 megas.

Segundo destacou o presidente da Xunta, para todas estas actuacións, o Goberno galego dispón de máis de 100 millóns de euros.