2/4/16

Lo que Feijóo dijo este sábado en su discurso ante los suyos (textualmente)

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

¿Qué dijo Feijóo, este sábado, en su discurso ante la plana mayor del PP de Galicia?. Rías Baixas Tribuna y Morrazo Tribuna les trasladan ahora, textualmente, el contenido de la alocución de Núñez Feijó ante los suyos, esta mañana sabatina.

Amigas e amigos do Partido Popular de Galicia
  • Grazas a todas e todos por vir
  • Hai algo máis de dez anos -con menos xente, menos cámaras e menos canas- neste mesmo lugar presentei a miña candidatura á presidencia do Partido Popular de Galicia.
  • Eramos o primeiro partido de Galicia pero entón nos debatiamos se seriamos capaces de continuar sendo a referencia da maioría das galegas e os galegos.
  • Xa non gobernabamos en España –despois de 8 anos- nin en Galicia –despois de 16-. 
  • Tiñamos que buscar quen sucedera a alguén insubstituíble. A un dos pais da Constitución, ao pai dun dos grandes partidos da historia democrática, a un modelo de honestidade e servizo público: Manuel Fraga.
  • Había opinións diferentes, ata encontradas... e había razóns para a inquedanza...
...pero tamén tiñamos todo o que se necesita para ser un gran partido... porque este é un gran partido
  • Propuxen “sumar, seguir e gañar”. O lema co que presentei a miña candidatura
SUMAR entorno a uns principios e un proxecto. A todos os que xa criamos no PPdeG pero tamén buscar que máis xente –máis mozas e mozos- formaran parte deste partido.
SEGUIR. Mirar cara adiante. Non quedar lamentándonos polo non acadado, senón aprender da experiencia, dos erros, poñernos novas metas e ir con todo a por elas.
E GAÑAR. Gañar eleccións. Pero sobre todo recuperar a confianza perdida por parte da xente e a confianza perdida en nós mesmos e nas nosas propias posibilidades.
  • Todo e todos arredor dunha renovación, dunha posta a punto, dunha posta en marcha.
  • Fieis aos nosos ideais galeguistas e reformistas
  • Pero tamén pragmáticos. Non só quedarnos na teoría senón tamén exercer, mobilizarnos, movernos, actuar
HOXE E ENTÓN
  • Hoxe, como entón, tampouco son tempos fáciles para o partido.
  • Pero a diferenza de entón, volvemos ser o primeiro partido de España e o primeiro partido de Galicia -que nunca deixou de ser o Partido Popular de Galicia- ten unha maioría suficiente para gobernar na Xunta de Galicia.
  • Entón todos nos propuxemos sumar, seguir e gañar. 
E sumamos, seguimos e gañamos.
Gañamos e volvemos gañar. 
  • Eu tiven a honra de obter a vosa confianza naquel Congreso...
...pero o mérito dos anos posteriores non foi meu... 
...senón de todo un partido que se puxo una serie de propósitos esixentes e os cumpriu. Este partido se puxo a punto namentres os outros quedaron atrapados no pasado.
  • E, do mesmo xeito, eu tiven a honra de encabezar as candidaturas do partido ás Eleccións Autonómicas
  • Nunca poderei devolver ao meu partido a gratitude que sento pola vosa confianza...
...e levarei por sempre a maior honra da miña vida que é presidir Galicia porque así o quixeron a maioría das galegas e os galegos
Non hai maior honra que servir Galicia. Díxeno no último Debate sobre o Estado da Autonomía; reitéroo e engado:. 
E nada que poida ter feito antes e -porque isto non é para toda a vida- nada que poda facer despois.
  • Pero esa vitoria –esas vitorias- non foron do candidato: foron dun proxecto, foron dun equipo, foron da motivación, das ganas e da mobilización de todo un partido
  • Gañamos porque houbo todo un partido detrás que se uniu arredor dun mesmo obxectivo, se esforzou e buscou a vitoria.
  • Gañamos porque nos renovamos, con xenerosidade por parte dos que deron paso e coas ganas dos que chegaron novos.
  • Gañamos porque nos abrimos á unha sociedade que evoluciona; e nós soubemos evolucionar con ela
  • Gañamos porque fomos humildes para recoñecer erros, emendalos e nunca deixamos nin de aprender nin de tentar mellorar
  • Gañamos porque nos mantivemos fieis aos nosos principios e non empregamos a ideoloxía como barreira senón que a puxemos ao servizo dos demais
  • Gañamos porque nunca sentimos complexo do que somos: somos do Partido Popular, galegos e españois. Galegos e españois orgullosos de selo. 
  • Gañamos porque fomos libres para só debernos ás galegas e aos galegos
  • Gañamos porque nos mobilizamos.
  • Había razóns para sumar, seguir, gañar...
...e tiñamos a motivación necesaria: Galicia
  • Así gañamos. Así gañou o partido. Así saíu gañando Galicia. E así –estou seguro- de que poderemos volver a gañar porque aquí hai partido, aquí hai futuro, aquí hai servizo público, aquí hai mobilización, aquí hai motivación, e aquí volve haber renovación
Haina grazas a xente comprometida con este partido. Que o demostrou día volcándose no servizo aos afiliados e tamén ao interese xeral:
Quero dar aquí as grazas especialmente a Carlos Negreira, Rafael Louzán e Xosé Manuel Barreiro que fixeron deste un partido gañador, fóronse gañando, e axudarán a que haxa novas vitorias
E quero tamén dar as grazas ao secretario xeral do partido todos estes anos: Alfonso Rueda
Non sei que dirá o teu informe de xestión no Congreso durante estes dez anos pero eu vin a túa xestión día a día e non só a apoio senón que, e nome de todos os afiliados, agradezo cada paso que deches estes anos incluído agora, en busca tamén de novas vitorias
GOBERNAR A DIFICULTADE
Amigas e amigos
  • Estes sete anos as galegas e os galegos déronme a honra e a oportunidade de presidir Galicia
  • Non só nos deron unha confianza maioritaria –superior á que precisa calquera outro partido para poder gobernar-...
...senón que confiaron en nós durante os anos máis difíciles da historia recente, durante todos estes anos de crise
Se xa é unha honra que confíen en nós aínda é unha honra maior que confíen en nós cando máis preciso é unha política comprometida, responsable e que ofreza máis respostas 
  • Un non pode elixir o momento que lle toca gobernar e tocounos o máis difícil... pero eu non tería escollido un momento máis sinxelo 
  • En non poucas ocasións tocounos ser portadores de malas noticias...
...pedimos esforzos urxentes para resultados que non eran inmediatos
...e, contra a nosa propia vontade, tivemos que dicir moitas veces que non... 
...obrigados polas circunstancias...
...e obrigados pola responsabilidade...
...para que hoxe Galicia poida empezar a dicir que SI
Que si hai máis esperanza
Que si hai máis oportunidades
QUE SI HAI MÁIS FUTURO
  • Non está todo acadado –nin moito menos-
  • A crise non pode desaparecer dos nosos discursos porque non desapareceu de moitos fogares
  • Pero onde antes había números vermellos agora hai unha economía que crece
  • Onde antes había crecemento do desemprego; agora hai baixada sostida de paro
  • E onde antes había risco de quebra; agora hai servizos públicos sostibles para os galegos de hoxe e os de mañá
  • Galicia crece
  • Baixa o paro
  • Sube a afiliación á seguridade social
  • Sube a produción industrial
  • Sube a innovación 
  • Soben as exportacións
  • Sube a confianza de consumidores e emprendedores
  • Baixan uns impostos e outros –como o de sucesións- desaparecen
  • Volve haber pedidos de barcos nos estaleiros
  • Hai novos automóbiles que se construirán en Galicia
  • Galicia ábrese a novas industrias como a biomasa ou a aeronáutica
  • Loitamos máis que nunca contra os problemas do sector gandeiro e os das mulleres e homes do mar
  • A educación universitaria é a máis accesible de España
  • A educación pública ten máis tecnoloxía e máis idiomas, que ademais se aprenden en equilibrio e igualdade
  • A Sanidade pública está máis equipada para hoxe e o futuro, cidade a cidade, concello a concello, con novos centros de sáude, hospitais públicos e tecnoloxía
  • Hai máis medidas de apoio social que nunca. Máis orzamento que nunca para as rendas máis baixas. A Xunta sempre da unha alternativa aos desafiuzamentos
  • Hai máis prazas públicas de residencia, centros de día e discapacidade que nunca
  • Galicia é o lugar que máis apoia ás nais e pais cando teñen un fillo
  • Estamos máis preto que nunca de que todas as rapazas e rapaces galegos teñan ao seu dispor unha praza pública de gardería
  • Todos eles herdarán un país máis ordenado e máis respectuoso co seu patrimonio: hai unha lei do litoral, unhas directrices de ordenación do territorio, protección da paisaxe e unha nova lei do solo 
  • Melloran as comunicacións: con máis km de autovía, co tren de alta velocidade ás portas de Galicia... pero tamén as comunicacións tecnolóxicas, sobre todo no rural
  • Hai un país con mellor presente pero, sobre todo, con moito máis futuro do que tiña
Un grande país: Galicia. 
Por iso, amigas e amigos, 
  • Nunca direi que está todo feito
  • E por iso nunca direi que todos os obxectivos están acadados...
  • ...Pero se a primeira obriga dun responsable político é deixar, aos que lle han de suceder, as cousas en mellor situación da que un as encontrou, eu direi que esa obriga se cumpriu.
A POLÍTICA OBRIGA A RENUNCIAS
  • Sen parar. Porque a política ben entendida obriga a renuncias
  • E moitos de vós sodes conscientes. 
A maioría de todos os partidos, diría,
E, por suposto, a inmensa maioría dun partido do que me sinto orgulloso. 
  • Saben ben destas renuncias persoais os presidentes provinciais. Os que acaban de deixar o seu cargo e os que agora o asumen.
  • Saben ben destas renuncias persoais os membros do Goberno de Galicia. Os actuais e os que estiveron nel nalgún momento estes anos, os deputados, etc.
  • Sábeno tamén outra xente máis anónima. Moitos dos que compartín o día a día destes anos tamén saben o que son estas renuncias e eu quero agradecerlles que cumpriran cada unha das obrigas que lles arrebataron outros momentos
  • E eu seino ben persoalmente. 
Non podo evitar acordarme de moita xente que non elixiu isto pero que sen embargo o viviu. 
Non podo evitar acordarme do abrazo que dei ao meu pai o 18 de abril de 2009, -cando tomei posesión- porque desde entón non lle puiden dar tantos abrazos tantas veces como me tivera gustado.
  • A política obriga a renuncias
  • A política trae tamén sensabores, ás veces merecidos, outros máis inxustos ou desproporcionados
  • Pero merece a pena
Merece a pena cando un sente a responsabilidade do servizo público
Merece a pena cando un ama ao seu país
E merece a pena por todas as persoas ás que un se debe
CRER NA POLÍTICA
  • Hoxe prodúcense sucesos que fan que moitas desas persoas xa non teñan esa esperanza nos que debemos ser portadores da súa confianza
  • E ese desencanto tamén ás veces pode estar presente en quen trata de dar o máximo de si mesmo porque cría ou cre na política
  • Todo pode parecer o mesmo e todos podemos parecer iguais.
  • Parece que ter traxectoria de servizo público é aproveitarse da política pero se saes da política é para aproveitarte do teu paso por ela
  • Parece que a experiencia é un lastre en lugar de ser un valor a ter en conta
  • Parece máis efectivo frivolizar cunha frase que tomarse as cousas en serio e con rigor
  • Parece que é necesario odiar ao adversario, ser rencoroso con quen pensa diferente, poñerse barreiras e establecer vetos persoais
  • E desde logo non podemos sentirnos orgullosos dunha política –No Congreso, onde maior exemplo se debería dar- na que, desde hai meses, todo parece ser así. 
  • Parece todo isto. Pero non o é. Iso non é política
  • A política é a que nos da a todos hoxe unhas garantías constitucionais e democráticas porque desde a discrepancia fomos quen de poñernos de acordo para que o país progresara.
  • A política é a que construíu esta Autonomía. Aquela que case naceu nun pequeno piso e que agora é o sistema avanzado da Comunidade máis autónoma de España. Grazas a xente como Xerardo Fernández Albor.
  • A política é a que estes anos de crise axudou  a crear máis oportunidades, esperanza e futuro para miles de galegos
  • A política, a auténtica política, é esa 
Na que un busca solucións aos problemas e non aproveitarse deles
Na que un busca os puntos de encontro e non enredarse na diferenza
Na que un busca un país unido e non dividir a sociedade por interese
E na que poden confiar os galegos que aínda están a espera de máis solucións
  • Esa é a política. Non é a que fan parecer que é. 
  • Esa é a política que eu quero para Galicia
  • Esa é a política na que eu creo. E nesa política crerei sempre, estea nela ou non.
A RESPOSTA É GALICIA
Amigas e amigos
  • Vivimos nuns tempos nos que agora os acontecementos se suceden con maior rapidez. 
  • Tempos nos que xorden novos partidos tan rápido como decepcionan e se desmembran
  • Tempos nos que hai candidatos aos que só se lles da unha oportunidade..ou nin iso
  • Tempos nos que se acaban de celebrar unhas eleccións e xa se están pensando nas seguintes
  • Tempos nos que –quen mo ía dicir hai dez anos neste mesmo lugar- eu son o segundo presidente dunha Comunidade Autónoma que leva máis tempo como tal e en Galicia temos a única maioría absoluta de España.
  • E nestes tempos de tanta volatividade e ademais de gobernanza na crise, día a día... eu me sinto honrado de cumprir xa sete anos como presidente da Xunta e algo máis de dez ao fronte do partido en Galicia.
  • Creo que, logo destes anos, é lexítimo e necesario que un faga unha reflexión sobre os tempos que temos por diante.
Pero non por min senón pola importancia das responsabilidades que ocupo polo meu partido e sobre todo polo meu país
  • É normal que xurdan as preguntas 
Sobre se a política merece a pena
Sobre o que un pode ofrecer ao seu partido 
Sobre o que un pode aportar ao seu país
  • Xorden as preguntas, preguntas que non son novas,preguntas que un ten que facerse se entende a política como un servizo temporal no que se está de paso, preguntas que se un cre nunha política responsable ten que formularse constantemente, case a diario, preguntas que me levo feito ao longo de toda a miña carreira, e preguntas todas elas que, ao longo da miña vida, sempre concordaron nunha mesma resposta: GALICIA. 
  • Sempre que tiven a honra e a oportunidade de elixir na miña vida sempre escollín GALICIA. 
  • Galicia merece a pena sempre. Moito máis que calquera outra cousa. Ante Galicia, calquera outra opción, calquera outra posibilidade faise minúscula e secundaria. 
  • E por iso eu quero dicir hoxe que 
Coa mesma ilusión que hai dez anos..
Coa experiencia de todo este tempo...
Coa forza necesaria para dalo todo polo meu partido e o meu país...
Porque creo que o noso proxecto é o que máis convén a Galicia... 
E porque creo que Galicia está por riba de todo... e non son eu, senón que son as galegas e os galegos os que teñen que elixir...
...PRESENTO HOXE A MIÑA CANDIDATURA Á PRESIDENCIA DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA.
PRESÉNTOME COMO CANDIDATO
  • Preséntome como candidato porque cando unha das opcións que da a vida é Galicia, non existen as outras
  • Preséntome como candidato porque creo que este partido ten máis futuro que todo o que xa deu no pasado
  • Preséntome como candidato porque creo que somos os únicos capaces de dar a Galicia un proxecto de goberno e de país
  • Preséntome como candidato porque creo no que fago e no que facemos 
  • Preséntome como candidato porque creo que en Galicia podemos reconciliar á xente coa política 
  • E preséntome como candidato porque -cos meus erros e acertos- despois de 10 anos no PPdeG e 7 na Xunta, podo mirar aos ollos a cada unha das persoas ás que me debo: aos nosos 100.000 afiliados e aos 2,8 millóns de galegas e galegos.
  • Podo mirar aos ollos ás galegas o aos galegos e dicirlles que cando ao longo de todo este tempo me equivoquei foi sempre tentando buscar –sen descanso- a mellor solución para o meu país
  • Podo mirar aos ollos ás galegos e aos galegos e dicirlles que non están resoltos todos os problemas pero si hai un sitio onde pode haber unha solución é Galicia
  • Podo mirar aos ollos ás galegas e aos galegos e dicirlles que somos un país que pode estar orgulloso do que é, do que sente e do que fai 
e que nunca cambiemos Galicia por nada –non envexemos nin imitemos a ninguén- senón que entre todos sigamos cambiando Galicia a mellor sen deixar de ser nunca Galicia.
  • E podo mirar aos ollos ás galegos e aos galegos e dicirlles que nada hai na miña vida máis importante que Galicia. 
Amigas e amigos
  • Non me presento polo que durante estes anos de crise acadamos senón polos retos que aínda nos quedan por superar
  • Non me presento polos acertos ao longo destes tempos –que tamén os houbo no partido- senón polos erros que aínda temos que corrixir
  • Non me presento só por esa maioría de galegas e galegos que se senten parte dun mesmo proxecto senón tamén por aquelas persoas que non sentiron preto ao partido ou á Xunta... porque creo que si podemos acadalo, creo que esixíndonos aínda máis podemos conseguir que sentan reflectidos en nós
  • E non me presento pola honra inmensa que supón presidir o primeiro partido de Galicia e a Xunta de Galicia... 
...senón polas responsabilidades que conleva
  • Non estou na política nin para acomodarme, nin para lucir o cargo, nin para lucirme eu... 
...estou na política porque creo nela, 
...creo no meu partido, 
...creo en xente como Mariano Rajoy, 
...e creo no servizo público...
...e por iso eu me poño a disposición da opinión do meu partido primeiro e -se así o quere o meu partido- do conxunto das galegas e os galegos despois
  • Podería haber outras opcións que só dependeran da miña propia opinión pero eu non sería nada hoxe de non ser pola opinión das galegas e os galegos. Creo que son eles os que deben decidir e non eu...
  • Podería haber outras opcións máis sinxelas porque sei que non será fácil obter unha confianza como a que non hai xa no resto de España...
  • Podería dedicarme simplemente a esperar, simplemente dedicarme a ver que pasa...
  • Pero eu non levo sete anos gobernando a máis difíciles das crises para agora elixir o máis sinxelo
  • Se alguén pensaba que eu tiña a cabeza noutro lugar... eu lle respondo que non só teño a cabeza en Galicia senón tamén o corazón
  • Se alguén pensaba que ía caer na tentación de buscar o que mellor me servise a min persoalmente... eu lle respondo que o que elixo é servir ás galegas e aos galegos e poñerme á súa disposición
  • E se alguén pensaba que a miña decisión dependía do temor a un resultado electoral... aquí estou:
Tan consciente da dificultade que supón como tan seguro das nosas posibilidades por conseguilo
INCERTEZAS E SEGURIDADES EN GALICIA
Amigas e amigos
  • Eu non sei que pasará en España, canto máis tempo de incertezas –e tamén de irresponsabilidade- temos por diante...  
...pero as galegas e os galegos poden ter a seguridade de que Galicia terá ata o último día –como desde o primeiro- un goberno estable, responsable e que ofrece garantías no presente e no futuro.
  • Eu non sei se España vai quedar en mans da arrogancia dos que dan leccións e nunca fixeron nada...
...pero as galegas e os galegos poden ter a seguridade de que, sempre que dependa de nós, Galicia vai depender unicamente das galegas e os galegos
  • Eu non sei que pasará noutras Comunidades Autónomas, se os intereses ideolóxicos e partidistas se imporán ao acordo e ao sentido común...
...pero as galegas e os galegos poden ter a seguridade de que en Galicia non deixaremos de actuar nunca con sentidiño, leais e fieis ao sentir maioritario das galegas e os galegos, que tamén son españolas e españois
  • Eu non sei que pasará no noso partido en España...
...pero as galegas e os galegos poden ter a seguridade de que en Galicia hai un partido renovado, esixente consigo mesmo, cun proxecto aberto e coherente cuns principios 
  • E eu non sei se as galegas e os galegos nos seguirán dando o seu respaldo...
...pero as galegas e os galegos poden ter a seguridade de que Galicia vai terme a min sempre e sobre todo a este partido.
PEDIREI A CONFIANZA
Amigas e amigos
  • Ao longo destes días, moitos de vos fixestes comentarios públicos ou me destes o voso apoio en privado para que eu me presentara a este Congreso que acabamos de convocar.
  • Tamén o presidente Rajoy, que non só meu transmitiu este apoio senón que –como outras veces- tamén me abriu todas as portas para que eu tomara unha decisión con varias opcións dispoñibles.
  • Cónstame que conto co apoio de moitos de vós e é algo que eu quero agradecer...pero do mesmo xeito que o agradezo, eu non quero dar nada por gañado.
  • Ningún resultado ven solo. Cada gran vitoria hai que merecela... 
...e por iso pedirei a vosa confianza, comarca a comarca, afiliado e afiliado... e preséntome a este Congreso como o último dos afiliados para ser o voso primeiro servidor.
  • Pedirei o voso apoio como fixen hai dez anos coa mesma ilusión que entón, sabendo que non basta con telo para a xornada do Congreso senón que un debe mantelo cada un dos días con esforzo e dedicación
  • Pedirei o voso apoio para renovar o partido, para dar cabida a novas propostas e a novas persoas
  • Pedirei o voso apoio para un partido que non debe permanecer inmóbil
Somos un partido con experiencia, un partido xa veterano... pero non podemos pensar nunca que calquera tempo pasado foi mellor... ...temos que actuar sempre pensando que calquera tempo futuro debe ser mellor
  • Pedirei o voso apoio para que sexa este partido o que se asocie ao futuro porque temos o necesario para selo... e non os que reivindican vellas políticas facéndose chamar novos
  • Pedirei o voso apoio para un partido sen cotas, cotos, vetos ou faccións. Para que cada militante sexa unha corrente en si mesmo. Absolutamente libre pero sentíndose parte dun proxecto común.
  • Pedirei o voso apoio para tentar rematar co mal do “sempre se fixo así” que bloquea partidos, institucións e administracións.
  • Pedirei o voso apoio para que este partido teña sempre unha opinión –ás veces máis popular outras máis impopular- pero que non escorra nunca o bulto.
  • Pedirei o voso apoio para que aquí en Galicia fagamos o que moitas veces botamos de menos que se fixera en España
  • Pedirei o voso apoio para un nivel de autoesixencia maior, para un nivel de compromiso maior.
  • Pedirei o voso apoio para que a militancia neste partido se exerza cada día. En dereitos pero tamén en obrigas. 
  • Pedirei o voso apoio para que ser afiliado deste partido sempre sexa un orgullo, que nos sintamos orgullosos do partido que somos e que o resto das galegas e os galegos o entendan porque lles somos útiles.
  • Pedirei o voso apoio para que este partido sexa un referente en España. Para que o PP de Galicia vai por diante respecto ao resto de partidos... pero tamén respecto ao noso propio partido. 
  • E pedirei o voso apoio para todo o que significa ser o Partido Popular de Galicia.
    • Nin somos un partido calquera máis
Nin somos calquera outro partido autonómico dentro do Partido Popular de España
    • Somos o Partido Popular de Galicia
  • Quero que o Partido Popular de Galicia axude a reconciliar á sociedade coa política
  • Quero que o Partido Popular de Galicia sexa unha das principais razóns para seguir crendo no Partido Popular
  • Quero que o Partido Popular de Galicia non llelo poña fácil aos partidos que queren ocupar o noso espazo. 
  • Quero que o Partido Popular de Galicia non renuncie a ser o primeiro partido entre as mozas e mozos galegos
  • Quero que todos os partidos se sigan preguntando por que gaña o Partido Popular de Galicia e sigan sen entender que a resposta está na propia Galicia.
  • Somos o partido que máis se parece a Galicia. 
A Galicia rural e a urbana. 
A interior e a litoral.
A dos maiores e á dos mozos. 
A da que fomos, a da que somos e a da que aspiramos a ser. 
Non é unha autoproclamación, é a obriga que temos que poñernos como partido cada día
  • Nada disto é sinxelo.
  • Nada disto é inmediato.
  • Nada disto é simplemente vontade, son feitos e é esforzo
  • E para todo isto pedirei o voso apoio.
  • É difícil pero non é imposible porque hai un xeito de facelo: coa implicación de cada un de vós. 
  • E por iso pedirei o voso apoio 
    • non para que mo encarguedes a min 
    • senón para facelo todos xuntos.
MILITANTE DE GALICIA
Amigas e amigos
  • Do mesmo xeito que eu me presento a este Congreso porque non elixín a opción máis cómoda... non me presento para que sexa a opción máis cómoda de ningún dos membros deste partido.
  • Non me presento a este Congreso para dicirvos a cada un o que quere ouvir senón para que o partido fagamos o que debe facer.
  • Non me presento outra vez para que todo siga igual.
  • E non me presento porque me conforme co que hai ou o que fago; senón porque quero esixirme máis e creo tamén que todos debemos esixirnos aínda máis
  • Non serei un candidato de manual. Non creo en laboratorios políticos que sacan ao Pedro Sánchez, Pablo Iglesias ou Albert Rivera de turno dependo do colorante que lle boten.
  • Non serei un candidato que con un par de tuits e unha tertulia ao día xa se pensa que cumpriu a súa xornada laboral
  • Non serei un candidato que empeza nunha foto e acaba nun slogan, sen máis contido
  • Non serei un candidato sen defectos. Teño o meu modo de ser, de pensar e de facer, teño unha traxectoria e carácter. 
Para ben ou para mal, son Alberto Núñez Feijóo.
  • Serei un candidato leal 
  • Serei un candidato construtivo pero tamén crítico e autocrítico
  • Serei un candidato que cumpre cos seus deberes como afiliado pero sobre todo un galego ao servizo das galegas e os galegos
  • Creo que o mellor presidente que podería ter España é Mariano Rajoy...
  • Creo que o Goberno estes catro anos logrou moitas cousas importantes para o país, e a ministra Ana Pastor foi leal...
  • Creo nos esforzos que fixo o Partido Popular estes anos por corrixir os erros..
  • Preséntome a candidato do Partido Popular de Galicia...
  • Son afiliado do Partido Popular...
...pero por riba de calquera outra cousa son militante de Galicia
  • E por iso o apoio que eu vos pido é para que a persoa que estea á fronte do partido exerza, durante todo este tempo –sobre todo-, como militante de Galicia
MILITO EN GALICIA
Amigas e amigos
  • Milito en Galicia por riba de calquera outra circunstancia, posibilidade ou opción
  • Milito en Galicia porque nos define a solidariedade, o esforzo, o sacrificio, a tolerancia e a liberdade
  • Milito en Galicia porque podemos sentir con orgullo que sermos galegos é o noso xeito de ser españois
  • Milito en Galicia por todo o que aprendo dela cada día, por todo o que é capaz de facer e por todo o que logramos xuntos estes anos difíciles
  • Milito en Galicia porque a nosa perseverancia nunca nos permite caer no derrotismo, por máis difíciles que sexan as cousas ou nolas poñan
  • Milito en Galicia porque durante estes anos entendín que o presidente que escolleu non foi a ese executivo que volvía de Madrid senón a ese rapaz que axudaba á súa avoa nos Peares
  • Milito en Galicia porque me ensinou que canto máis alta era a responsabilidade maior debe ser a humildade para exercela
  • Milito en Galicia porque nos obriga a unha política que estea preto da xente... e esa é a política de maior altura
  • Milito en Galicia porque creo nas galegas e nos galegos, creo en Galicia, creo nas nosas capacidades e creo que somos quen de acadar todo o que nos propoñemos  
  • Milito en Galicia e iso é o mesmo que crer no futuro... e temos todo o futuro por diante.
ACADAR RETOS COMO EN 2009 E 2012
Amigas e amigos
  • Hai dez anos todos nos propuxemos romper con todo o que parecía que podería pasar ou co que nunca pasara antes. 
Acadamos unha maioría absoluta á primeira e recuperamos o goberno nunha sola lexislatura. Non había apenas precedentes.
E case catro anos máis tarde fomos uns dos primeiros gobernos en toda Europa que revalidaron a súa confianza en plena crise. Non só mantivemos a nosa maioría senón que a ampliamos. 
  • Agora as cousas non son sinxelas. Ninguén pode negar a complexidade da meta que temos por diante. Pero eu quero dicirvos que non é máis difícil que outros retos que conseguimos acadar.
  • Se o partido quere, se o partido está disposto, se todos os membros do partido se implican... é máis que posible.
  • Temos ante nós conseguir o que non se acadou ninguén en ningures en España... 
Temos que acadar un resultado superior a calquera outro partido en toda España...
...pero para iso deberemos estar por riba de calquera outro partido en calquera outro lugar. 
O listón está máis alto e o noso rendemento debe ser máis alto aínda
Isto esixe un maior nivel de exixencia, de esforzo, de perseverancia, de autocrítica, de unidade... e temos que dar todos os pasos necesarios
  • Un paso importante foi o propósito que nos puxemos no pasado mes de xuño: renovar ideas, equipos e actitudes
  • Un paso foi tamén a ponencia política que presentamos no pasado verán
  • Un paso foi revisar e intensificar a iniciativa política da Xunta desde entón
  • Un paso decisivo son os Congresos provinciais de renovación que celebramos nas últimas semanas. Nunca antes se dera unha renovación simultánea de tanta dimensión
  • E temos que seguir dando pasos adiante
No Congreso autonómico que hoxe convocamos
E non deixar de avanzar día a día
  • Non é só cuestión de poñer a punto este partido... é unha obriga maior: Galicia precisa dun partido como este
  • Un partido que sinta como os galegos
  • Un partido que defenda aos galegos
  • Un partido que xestiona como os galegos entenden que debe exercerse a responsabilidade pública
  • Un partido con equipos e un proxecto sólido para Galicia, sen improvisacións nin importacións de modelos alleos e nada envexables
  • Un partido que coñece o país, desde as grandes capitais ata o máis afastado dos recunchos
  • E un partido para o que Galicia non é un lugar máis senón o centro da política e as galegas e os galegos, o centro das nosas políticas
  • Se estamos á altura das galegas e os galegos... como fixemos en 2009 e como fixemos en 2012... acadarémolo en 2016. 
Estou convencido.
PECHE
Amigas e amigos
  • Ese é o partido do queren sentirse orgullosos os nosos 100.000 afiliados
  • Ese é o partido co que se identifica a maioría dos 2,8 millóns de galegas e os galegos
  • E ese é o partido que precisa Galicia
  • Sábeno os miles de galegos que viron como estes anos a situación –non sen dificulade- foi mellorando.
Que viron que de ter gobernado o bipartito de entón ou o multipartito de agora... estariamos hoxe aínda máis lonxe do que debemos aspirar como país
  • Pero sobre todo precísano os miles de galegos que aínda están no paro ou a espera de solucións para as súas inquedanzas no rural, no mar ou no porvir das súas propias vidas
  • As galegas e os galegos das cidades teñen en nós a un partido que non frustra o seu crecemento con xestos grandilocuentes e xestión cativa 
  • As galegas e os galegos do rural teñen en nós ao partido que sempre soubo a importancia que ten para Galicia o que fan 
  • As galegas e os galegos do mar teñen en nós ao partido que defende os seus intereses alá onde sexa preciso e ante quen sexa preciso
  • As galegas e os galegos que máis dificultades pasan teñen en nós ao partido que é responsable na xestión para que o apoio do goberno vaia máis aló das palabras
  • As galegas e os galegos que aínda están o paro teñen en nós ao partido co que a economía crece e se crea emprego. 
  • As galegas e os galegos xóvenes teñen en nós ao partido que os considera adultos ante os que os cren adolescentes e os tratan como nenos
  • As galegas e os galegos teñen teñen que ter un partido no que crer... 
...e eu porei todo da miña parte para que, por riba de siglas e prexuízos, sexa este
  • As galegas e os galegos son os que me deron todo o que son... e todo o que eu poida facer será sempre en servizo das galegas e os galegos. 
Aquí estiven, aquí estou, aquí estarei
Aquí me tiveron, aquí me teñen, aquí me terán
Sempre e desde onde as galegas e os galegos queiran.
Non hai maior honra que servir a Galicia. Ningunha.