8/4/16

Llamamiento a la afición del Alondras para volcarse con el equipo juvenil este sábado

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

O ALONDRAS CF ANIMA A AFECIÓN A ENCHER O MORRAZO ESTE SÁBADO 
Xogadores, técnicos e directivos animan aos seareiros a converterse no xogador número 12 durante o encontro do Alondras de División de Honra 
O Alondras CF alenta aos seus afeccionados a encher o campo do Morrazo mañá sábado, con motivo do encontro que disputará seu equipo xuvenil ante o CD Tropezón, ás 18 horas. Un encontro moi importante para o Alondras xuvenil, pois por el pasan as opcións de acadar a permanencia. 
O Alondras afronta este encontro en postos de descenso con 27 puntos, pero de acadar a vitoria afrontaría a derradeira xornada de liga con opcións de manter a categoría outra tempada máis. Pola súa banda o Tropezón chega a Cangas tres postos por riba do Alondras con 32 puntos, pero sen ter aínda a permanencia asegurada. 
O encontro que afrontan este sábado os rapaces do conxunto xuvenil é de gran relevancia para os intereses do equipo, pero tamén o é para o fútbol da comarca, pois é positivo que poidan xogar na mellor liga da súa categoría a nivel estatal. 

Dende o club blanquivermello quérese transmitir a mensaxe de que a unión fai a forza e pídeselle a toda a afección que encha a bancada do Morrazo e que animen de principio a fin do encontro aos seus xogadores, como se fora unha final, porque afección e equipo xuntos podemos superar calquera reto e co esforzo de todos seguro que o conseguimos.