24/4/16

La Xunta suma ya más de 890.000 seguidores en la redes sociales

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

A Administración autonómica ten presenza na rede a través de 238 portais e 266 canles sociais, que se estruturan en torno a xunta.gal
Avanza na prestación de servizos en mobilidade con 22 aplicacións que acumulan máis de 320.000 descargas
Impulsa a reutilización de información do sector público a través do portal Aber@s, que ofrece máis de 320 conxuntos de datos en formatos abertos

O catálogo de portais e redes sociais da Xunta suma a día de hoxe 238 sitios web e 266 canles en redes sociais, que contan con máis de 890.000 seguidores. Son as cifras da presenza da Administración autonómica na rede, cuxa porta de entrada é o portal corporativo xunta.gal cunha media de medio millón de visitas mensuais.

O reforzo da presenza da Administración autonómica en Internet forma parte da estratexia da transformación dixital que vén desenvolvendo a Xunta a través do Plan de Administración e Goberno Dixital, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia. Esta liña de actuación plasmouse traduciuse na reorganización, simplificación e renovación da rede e portais baixo uns criterios de homoxeneidade e no impulso da presenza en redes sociais. 

Precisamente, o auxe das redes sociais empeza a reflectirse na orixe dos accesos ao portal da Xunta. Un 8,7% dos accesos a xunta.gal provén de redes sociais, unha porcentaxe superior ao tráfico que provén de enlaces (7,7%).  Aínda así, os buscadores e o acceso directo cun 40,3% e  un 42,3%, respectivamente, seguen acumular a porcentaxe maioritaria dos accesos ao portal.

Respecto ao dispositivos empregados polos usuarios para acceder a web da Xunta, a maioría, o 67,7% empregan o ordenador, o 27,7% o móbil e o 4,9% a tablet.

Apps e retulización da información do sector público
Para dar  resposta ao incremento de servizos en mobilidade  impulsouse a publicación de aplicacións para dispositivos móbiles. Actualmente, son 22 as apps da Xunta, acumulan más de 324.000 descargas e abranguen servizos  para demandantes de emprego (Mobem), para o ámbito educativo (abalarMóbil), para a mocidade (Carné Xove), relacionadas coa meteoroloxía (Meteogalicia, MeteoRoute), coa pesca (Non piques-Non peques), co turismo (Enoturismo, Sendegal, Turismo de Galicia, Bono Iacobus), e coas TIC na empresa (aplicación do Centro Demostrador TIC, CDTIC). 

Fomentar a reutilización de información do sector público por parte de terceiros é outra das liñas de actuación do Plan de Goberno Dixital. O portal Abert@s ofrece 327 conxuntos de datos en formatos abertos que só no que levamos de ano rexistrou máis de 1.500 descargas.

Migración a .gal
A Xunta continúa avanzando na migración dos dominios a .gal con preto de 70 portais que xa empregan o dominio galego. Deste xeito avánzase así no proceso para  consolidar o “.gal” como dominio que identificará todas as súas iniciativas en internet. Este compromiso concretábase no Decreto que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e que foi  aprobado en maio de 2015.


Desde entón todas as novas iniciativas web da Xunta publicáronse xa co dominio galego. En paralelo, iniciouse o proceso de migración dos espazos web existentes ao “.gal”. O obxectivo é que en 2017 todos os portais corporativos e o todas as direccións de correo corporativo utilizarán só o puntogal.