Galiza Nova chama ao estudantado da comarca do Morrazo a participar da Folga estudantil do vindeiro 13 de abril

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)
Galiza Nova chamou ao estudantado da comarca do Morrazo a participar da Folga estudantil do vindeiro 13 de abril “en defensa do ensino público galego.” . Nas localidades de Moaña e Cangas está convocada unha concentración ás 12:00 en Cangas, diante do Concello, e unha manifestación en Moaña, saíndo da praza do Concello e percorrendo os diferentes centros de ensino secundario da localidade. 
 Galiza Nova, mocidades do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas na comarca do Morrazo unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 13 de abril convocada por Erguer, organización unitaria do estudantado galego. O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, que explicitou o apoio da mocidade do BNG á folga estudantil, afirmou que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar definitivamente e toda a súa totalidade a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificou de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade". Para Mera, “mentres no se derrogue totalmente a LOMCE e o 3+2 estaremos volvendo ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver a un ensino máis españolizado e só para ricos.”