FÉLIX JUNCAL TRASLADA A COSTAS VARIOS PROYECTOS URGENTES PARA BUEU

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

O Alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o Concelleiro de Obras e Servizos, mantiveron hoxe unha reunión coa Xefa do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra, Cristina Paz-Curbera y Llovet para trasladarlle tres asuntos de interese estratéxico e urxente para a vila buenense, e cos que se trazará a folla de ruta das próximas actuacións, e que se refiren ás prórrogas das concesións administrativas, a reversión dos espazos portuarios e o paseo de Agrelo – Portomaior.
Unha das visitas que fixo o alcalde de Bueu,
a semana pasada, para ver unha serie de obras
no entorno da praia da Banda do Río
No tocante ás prórrogas das concesións administrativas, tanto na carpintaría de Ribeira como na nave de deportes náuticos de Pescadoira,  necesarias para o acometemento das obras que están en marcha, Juncal solicitou uns prazos máis amplos e flexibles, e por iso quedaron en que se volverá enviar a solicitude da prórroga coa marcaxe dos prazos por parte do Concello.
Os espazos portuarios e a súa reversión foron outro dos temas a tratar. Neste sentido, o alcalde de Bueu destacou a receptividade do Servizo Provincial de Costas, desde o cal ven ben que espazos como o parque de María Eugenia ata a carpintaría de Ribeira, incluído o viario de Montero Ríos, se desafecten do dominio público estatal, o que vai permitir que “o Concello desenvolva no futuro actuacións de rexeneración urbana e de mellora ambiental deses espazos”, segundo destacou o alcalde.
O paseo Agrelo de Portomaior vaise retomar en canto se resolva a provisionalidade do goberno central, pero existe un compromiso do ente autonómico de impulsar este proxecto, tal e como xa se avanzara nunha anterior reunión mantida no segundo semestre do ano pasado.
O que si se puxo tamén enriba da mesa foi a mellora do acceso á praia de Lapamán, que agora conta cunha ringleira de escaleiras, e que serán complementadas nun futuro cunha pasarela de acceso para todas as persoas, e que nacerá dun proxecto colaborativo entre os técnicos do Servizo Provincial de Costas e os do Concello de Bueu.