23/4/16

DEPUTACIÓN CONCEDE 73.100€ Ó CONCELLO DE CANGAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS PARA A LIMPEZA E RECOLLIDA DE LIXO

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)


A  institución provincial adxudicou xa o 43,81% do Plan Concellos 2016 correspondente ao Concello de Cangas, o que supón un investimento na vila de 446.608,45€

A Xunta de Goberno da Deputación da provincia de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación dunha subvención por valor de 73.100 € a favor do concello de Cangas do Morrazo, enmarcada na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A través desta achega o concello poderá adquirir dous novos vehículos para a limpeza viaria e a recollida de residuos.

Esta axuda hai que sumala ós 134.901,97 €, aprobados con cargo á liña 2 do Plan Concellos, destinados a amortización, pagamento de débedas e gasto corrente, así como ós 38.050 €, da liña 3, para o financimento do III Festival de danza e música tradicional de Cangas, o XVII salón do cómic, Musicangas 2016, a programación cultural do auditorio, Correlingua 2016, camiños escolares, actividades medioambientais, un proxecto orquestral e proxectos educativos. Ademais, xa se adxudicaron 200.556,48 €, no marco da liña catro do Plan Concellos 2016, dirixidos á contratación de 34 traballadores e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no concello.

A Deputación de Pontevedra destinou ó concello de Cangas a cantidade total de 1.019.346,45 € dentro do Plan Concellos 2016 dos cales, no que levamos de ano, xa se concederon 446.608,45 € o que supón o 43,8% do total destinado o concello.