Causa furor la "Volta á illa de Ons" : agotadas en tiempo récord las inscripciones

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)
A III VOLTA Á ILLA DE ONS DO 15 DE MAIO ESGOTA AS INSCRICIÓNS EN DÍA E MEDIO
Tras o multitudinario éxito das dúas edicións anteriores, os organizadores da III Volta ás Illas Ons xa auguraban o récord de participación, algo que se cumpriu xa que en día e medio se esgotaron as inscricións para este evento, que combinaba carreira, andaina competitiva e visita guiada, e na que se homenaxea ao moañés Estanislao Durán.
A III Volta á Illa de Ons terá lugar o domingo 15 de maio ás 11 horas no caso da carreira, e dez minutos antes para a andaina competitiva. O evento está organizado polo Club de Atletismo Corredoiras e o Concello de Bueu, que contan co visto e prace de Parques Nacionais, que ven nesta proba unha boa fórmula para dar a coñecer a fauna, flora e patrimonio das Illas Ons. A razón da escolla desta proba non é outra que a súa condición de respecto cara ao medio ambiente, algo que salientou o concelleiro de deportes, Manolo Otero. 

O alcalde de Bueu xa avanzou que nesta primavera- verán, “Bueu será protagonista de grandes eventos deportivos”, dos que esta carreira é o acto inaugural.