11/4/16

Alcalde de Bueu le dice a Deputación que es hora de mojarse con la piscina que ansían

Regades y Juncal
RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)
Félix Juncal, alcalde de Bueu, reuniuse este mediodía co deputado de cooperación, David Regades, para presentarlle os proxectos estratéxicos de Bueu nos que o ente provincial participa, ben sexa a nivel orzamentario ou de compromiso político. 
Neste sentido, o tema central foi o proxecto da piscina municipal para o municipio, o cal será estudado pola Deputación para ver o compromiso que se pode adoptar. O alcalde de Bueu presentoulle a Regades un proxecto de piscina que ten como singularidade “a súa aposta pola redución do consumo de enerxía” ademais de combinar dúas dimensións: a deportiva e a da saúde. Neste sentido, Juncal destacou a gran importancia que ten o benestar nas sociedades actuais, aspecto que se ten en conta na liña estratéxica do goberno local, ademais da relación de colaboración que está tendo coa nova Deputación, a cal, a través do Plan Concellos, permite que se leven a cabo proxectos máis ambiciosos e con máis marxe de manobra para os concellos. Precisamente, neste senso, David Regades quixo salientar o traballo do goberno provincial, xa que está permitindo que os municipios que teñen carencias en infraestruturas se vaian dotando delas. Ademais, insistiu en que “temos un compromiso cos concellos e cos alcaldes, e apostamos pola autonomía local xa que é efectiva”. Despois da reunión na Casa do Concello, o alcalde e o deputado dirixíronse á parcela onde se prevé instalar a piscina municipal, acompañados dos concelleiros Silvia Carballo e Fidel Castro e do concelleiro de deputado de cultura, Xosé Leal. Tras o encontro, Juncal concluíu que “estamos máis preto de que Bueu conte cunha piscina municipal” aínda que haberá que agardar a evolución do proceso e a busca de financiamento.