A UCGAL desembarca no Morrazo cunha actividade sobre consumo e aforro da electricidade

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)
Como adiantamos
xa, a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) ven de abrir un novo espazo no Concello de Cangas para achegar ás persoas consumidoras do Morrazo servizos de asesoramento, información e formación no eido do consumo. Trátase dun paso adiante na progresiva implantación territorial desta organización, posible grazas a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Cangas en virtude do cal cedéuselle á UCGAL un espazo no consistorio para a atención dos consumidores.

Para celebrar esta nova etapa na comarca do Morrazo, a UCGAL levará a cabo un acto de presentación, aberto a toda a poboación, co fin de dar a coñecer o seu labor nos diferentes ámbitos que afectan ás persoas consumidoras. O acto terá lugar o próximo xoves, 21 de abril, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Seguidamente, terá lugar unha acción formativa sobre a subministración eléctrica, para axudar ás persoas consumidoras a entender e aforrar na factura da electricidade.