A DEPUTACIÓN INVITA Á CIDADANÍA A ASISIR Á XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DOS REFUXIADOS EN EUROPA

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

A xornada, titulada “Na procura de refuxio", terá lugar este venres no salón de actos do sexto edificio 

A participación e  a implicación cidadá é fundamental para que as institucións europeas tomen conciencia e adopten medidas reais que poñan freo a maior crise humanitaria do noso tempo

Este venres, 29 de abril, ás 9 h o Museo de Pontevedra acolle a xornada "Na procura de refuxio", con mor de concienciar a cidadanía sobre os riscos que conleva fuxir da guerra e a dramática situación que viven diariamente os refuxiados. 

A Deputación considera fundamental a sensibilización e a implicación da poboación ante a maior crise humanitaria sucedida  dende a Segunda Guerra Mundial.  A palabras da presidenta, Carmela Silva, "fronte a esta situación, temos a obriga ética e moral de non mirar para outro lado". 

Así pois, a participación de tódolos homes,  mulleres, organizacións e entidades, en actuacións como a que aquí se presenta, é decisiva para que as institucións europeas adopten medidas reais que asuman a acollida dos refuxiados, que se contan por miles. 

Ao longo da mañá expoñeranse as experiencias de profesionais, voluntarios e organizacións que visitaron a zona. Estas, estarán organizada en tres bloques temáticos: o primeiro deles centrado no traballo que desempeñan as ONGs no terreo, o segundo enfocado na labor que realizan os voluntarios e voluntarias nas zonas afectadas e, o terceiro, o rol dos medios de comunicación na cobertura mediática do conflito. 

Mais polo miúdo, a programación terá comezo ás 9 h da man da asociación Ecos do Sur, seguido de Médicos sen Fronteiras e UNICEF. Tras un descanso, darase comezo ao coloquio "Galegos e galegas implicados na solidaridade" e, a continuación , terá lugar unha mesa redonda entorno a cobertura mediática do conflito e as nova ferramentas de comunicación.  

A xornada pechará as 13:30 h coa presentación da exposición "Exodus: o drama dos refuxiados en Europa", cuxa inauguración será o día anterior, xoves 28 ás 18:30 h na entrada do Pazo provincial, e estará exposta ata o 31 de maio. Nela, exhibiranse os traballos de Felipe Carnotto e Adrián Irago, fotoxornalistas que cubriron o camiño  dos refuxiados polos Balcáns e Lesbos, achegando a crise migratoria dende unha perspectiva documental. 

Entre os participantes a xornada destacan Natalia Fernández, directora de Vigo al minuto; Javier Losada, gardacostas desprazado ao mar Exeo; Isabel Juncal e Celia López, voluntarias desprazadas a Lesbos; José Luis Barreiro, da Asociación Entreculturas; Héctor Ortega, licenciado en Dereito e cun pos-grado en Seguridade Internacional; ou, Peter Punk, membro de Pallasos en Rebeldía desprazado a Indomeni, entre outros. 


A asistencia ao evento é libre e gratuíta. A Deputación de Pontevedra invita a tódolos pontevedreses e pontevedresas a asistir as xornadas, pois, o compromiso de cada un de nos é fundamental para pórlle freo a esta situación, que xa se cobrou a vida de preto de 3.000 persoas no mar Exeo e propiciou a saída de 1,2 millóns cidadáns do seu país.