18/4/16

A DEPUTACIÓN DESTINA 100.000 € PARA A AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN BUEU

RIAS BAIXAS TRIBUNA / Redacción)

A institución provincial adxudicou xa o 31,73% do Plan Concellos 2016 correspondente a Bueu o que supón un investimento na vila de 233.867,79 € 

A Deputación de Pontevedra, mediante resolucións presidenciais, adxudicou subvencións por valor de 99.905,79 € a favor do concello de Bueu enmarcadas na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A través destas subvencións, o concello realizará a ampliación da rede de saneamento entre Castrelo e Pousada-Cela (40.000 €) e a subministración de luminarias para a mellora da eficiencia enerxética no casco urbano e no polígono industrial de Castiñeiras (59.905,79 €).

Estas subvencións son as primeiras que se aproban con cargo á liña un do Plan Concellos 2016 a favor do concello de Bueu aínda que xa se adxudicaron 133.962 €, enmarcados na liña 4 do plan, para a contratación de 30 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no concello. 


A Deputación de Pontevedra destinou ó concello de Bueu a cantidade total de 736.977,79 € dentro do Plan Concellos 2016 dos cales, no primeiro trimestre de ano, xa se concedeu 233.867,79€ que supón o 31,73% do total destinado a Bueu.