Xornada de Convivencia no Prescolar EEI do Con (Moaña)

Xornada de Convivencia cos nenos e nenas da Escola Infantil Dalila!!
Os pequenos visitantes chegaron ó Prescolar EEI do Con sobre as 10h e o primeiro que fixeron foi xogar un ratiño na clase de 3 anos. 
Despois foron para o comedor do cole e, acompañados xa de todo o alumnado do centro, compartiron unha merendola.
Cando recuperaron forzas, foron todos xuntos ó patio a compartir xogos, xoguetes e aventuras.
Foi unha mañá divertida e diferente, tanto para o alumnado da Escola Infantil Dalila coma do Prescolar do Con.
Dende a Dirección e a Anpa do Prescolar agardan que moitos deles os volvan visitar nun futuro, xa coma alumnos do Colexio.