Vigo : Concello e Celta promocionan xuntos a Festa da Reconquista



O Concello de Vigo e o Real Club Celta únense na promoción da Festa, que celebra o seu prato forte esta fin de semana do 2 e 3 de abril. Vestidos de época, no cartel figuran os futbolistas Sergio Álvarez e Hugo Mallo, o delegado do primeiro equipo, Vlado Gudelj, e as xogadoras do Celta Baloncesto Ángela Coello e Iria Varela.