Tiempo inestable para arrancar la Semana Santa en Galicia

Arranca la Semana Santa. Y los pronósticos del Tiempo son los que son... de todo, como en botica, es lo que tocará al parecer, estos días.

DOMINGO
Non se agardan cambios significativos para o domingo, que volverá a ser outra xornada de inestabilidade atmosférica. Así, durante a mañá os ceos presentarán intervalos anubrados con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade. A cota de neve situarase sobre os 1200 metros. As temperaturas non experimentarán cambios ou lixeiros descensos. Os ventos serán predominantemente do nordés, moderados no litoral norte e frouxos no resto.

Jornada del lunes
LUNES
O aire frío en capas altas que nos afectou nas xornadas anteriores irase movendo cara ó sur, quedando progresivamente Galicia fóra do seu radio de acción. Así, os ceos alternarán nubes e claros, con máis nubes canto máis ó norte, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas terán moderados ascensos. Os ventos soprarán nordés, no interior serán frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde; na costa serán moderados con intervalos fortes.

MARTES
Agárdase predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia durante este día. Con esta situación, os ceos presentarán máis nubes canto máis ó norte e estarán máis despexados canto máis ó sur. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordés, frouxos en xeral, moderados no litoral.

MIÉRCOLES
Aínda que en superficie a influencia é anticiclónica, a presencia de aire frío en capas altas da atmosfera xerará certa inestabilidade. Deste xeito, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con máis nubes canto máis ó norte, con posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente norte.

(MeteoGalicia)