22/3/16

TERMINAL DE CONTEDORES DO PORTO DE VILAGARCÍA SUPÓN O 25% DOS SEUS TRÁFICOS

A conselleira do Mar visitou hoxe esta infraestrutura e coñeceu o estado das obras de extensión da rede ferroviaria da Autoridade Portuaria ao peirao de Ferrazo

ROSA QUINTANA DESTACA A IMPORTANCIA LOXÍSTICA DA TERMINAL DE CONTEDORES DO PORTO DE VILAGARCÍA QUE SUPÓN O 25% DOS SEUS TRÁFICOS

Esta terminal traballa cunha liña de periodicidade semanal e cobre o traxecto Bilbao-Vilagarcía-Lisboa-Canarias
O movemento de mercadorías nesta Autoridade Portuaria no 2015 foi de máis de 1 millón de toneladas e subiu en máis dun 4% en relación ao ano anterior


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este mediodía a terminal d

Esta terminal traballa cunha liña de periodicidade semanal e cobre o traxecto Bilbao-Vilagarcía-Lisboa-Canarias. Dende que comezou a operar nela a empresa Boluda, no ano 2011, cobrou unha importancia crecente para a loxística das empresas da zona de influencia do porto de Vilagarcía.

Neste sentido, a titular de Mar subliñou que “a terminal de contedores é clave para a competitividade das empresas da nosa contorna ao facilitar a súa saída a outros mercados”. Engadiu ademais que a través desta infraestrutura o porto de Vilagarcía “responde ás necesidades dos sectores produtivo e loxístico da súa zona de influencia e é un referente loxístico no seu desenvolvemento socioeconómico e na conectividade exterior”. 

En canto ao movemento de mercadorías deste porto en xeral, Rosa Quintana, explicou que o ano pasado esta Autoridade Portuaria moveu máis de 1 millón de toneladas, o que supón un 4% máis en relación ao ano anterior. Destacou os movementos da pesca conxelada, con máis de 6.200 toneladas –sen incluír os movementos deste produto por contedor-, que superan nun 40% ás de 2014 e que representan unha lixeira recuperación. Tamén salientou o incremento do tráfico de graneis sólidos, con máis de 403.000 toneladas en 2015, o que significa unha suba de case o 25% con relación ao ano 2014.

Estas cifras, sinalou Rosa Quintana, “expresan unha tendencia favorable da actividade portuaria e da actividade industrial” e “animan a seguir traballando por captar un maior volume de tráficos e por consolidar a nosa rede portuaria como un porto único que dea resposta ás necesidades loxísticas do noroeste peninsular”.

Durante a visita a conselleira tamén puido coñecer o estado das obras de extensión da rede ferroviaria da Autoridade Portuaria ao peirao de Ferrazo.Coa finalización destas obras, todos os peiraos comerciais da Autoridade Portuaria disporán de conexión ferroviaria propia, o que optimiza a intermodalidade marítimo-ferroviaria.

e contedores do porto de Vilagarcía da que destacou a súa importancia loxística para o porto, xa que supón o 25% dos seus tráficos co movemento de máis de 250.000 toneladas no ano 2015, sinalou.