11/3/16

SORTEO DAS ELIMINATORIAS DOS EQUIPOS PARTICIPANTES NA COPA DE FÚTBOL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN REALIZA O SORTEO DAS ELIMINATORIAS DOS EQUIPOS PARTICIPANTES NA COPA DE FÚTBOL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O luns ás 20:00 terá lugar o sorteo da fase de Vigo da Copa Deputación na sede da institución provincial na cidade olívica

Máis de 18.000 persoas participan nesta competición que reúne a máis de mil equipos de todas as categorías  

A Deputación de Pontevedra acaba de realizar o sorteo das eliminatorias dos equipos participantes na novena edición da Copa Deputación de Fútbol, fase Pontevedra. O vindeiro luns, ás 20:00 terá lugar o sorteo da fase de Vigo da Copa Deputación na sede que a institución provincial ten na cidade olívica.

Nesta novena edición da Copa Deputación participan máis de mil equipos e clubs da provincia de todas as categorías que moven a máis de 18.000 persoas. En concreto esta edición da Copa Deputación, que o novo goberno da institución provincial manterá ó longo de toda a lexislatura, aglutina a  máis de 100 equipos de primeira liña. Tamén participan 25 equipos na copa feminina e una copa base  onde son máis de 900 equipos de todas as categorías. 


A Deputación de Pontevedra ten un firme compromiso coas actividades deportivas pola súa capacidade de promover hábitos saudables, de cohesión e desenvolvemento da provincia. Para elo está a poñer en marcha liñas de axuda para o deporte federado, competicións nacionais, autonómicas e locais, deportes náuticos, convenios de patrocinio co Celta, Pontevedra ou Coruxo, pero tamén convenios con equipos de balonmán ou ciclismo, entre outras modalidades deportivas.