8/3/16

PONTÓN, la nueva lideresa del Bloque, visita este miércoles Bueu y Moaña

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, realiza este mércores 9 de marzo sendas visitas aos concellos de Bueu e de Moaña, presididos por Felix Juncal e Leticia Santos respectivamente, onde manterá encontros co alcalde e a alcaldesa e as súas respectivas equipas de goberno.
 Ana Pontón inicia así a rolda de contactos cos gobernos municipais do Bloque tras asumir a responsabilidade da Portavocía nacional, e coñecerá de primeira man as principais propostas que están a desenvolver os gobernos locais de ambos municipios da comarca do Morrazo.
 A visita a Bueu empeza as 11.00H coa chega a casa do Concello onde manterá un encontro co rexedor para coñecer a situación do Plan xeral de ordenación en vésperas da súa aprobación definitiva. A continuación, unha visita a praza de abastos, e finalmente, a portavoz nacional e o alcalde farán un percorrido ata a Carpinteira de ribeira O Purro, que será obxecto de rehabilitación.
 A visita a Moaña comenzará ás 12.30H coa chegada a Casa do Concello onde manterá un encontro coa rexedora. Ás 13:00H, Leticia Santos e Ana Pontón visitarán o CEIP Reibón un dos centros que dispón do Programa Madruga, dentro da política social que desenvolve o goberno local. A continuación, visita o entorno da Xunqueira para coñecer as propostas medioambientais do executivo municipal.
 A tamén deputada manterá un encontro con representantes do sector pesqueiro en Moaña, no que tamén participará o portavoz parlamentario de Pesca, Daniel Rodas, para coñecer as demandas do sector tras a retirada do anteproxecto de lei de acuicultura.