Pascua lluviosa en Galicia : hasta el viernes tendremos que usar el paraguas

jornada de martes en Galicia
MARTES
Na xornada do martes Galicia continuará baixo a influencia dunha fronte con pouco movemento que aportará ceos moi anubrados e chuvias xeneralizadas que poden ser persistentes e de caracter puntualmente moderado principalmente no terzo norte. As temperaturas descenderán, principalmente as máximas. Os ventos serán de compoñente oeste frouxos a moderados, con algúns intervalos fortes no terzo sur, despois pola noite quedarán frouxos de dirección variable con tendencia a ser de compoñente norte.

MIÉRCOLES

Durante a xornada do mércores Galicia queda baixo a influencia dunha zona intermedia con ventos de compoñente norte o que permitirá o achegamento de aire frío e inestable. Deste xeito predominarán os ceos anubrados, con precipitacións que poden ter carácter ocasionalmente tormentoso con sarabia en zonas preto do litoral. A cota de neve descenderá rapidamente dende os 1100 metros pola tarde ata os 700 metros pola noite. As temperaturas descenderán polo que será un día de sensación térmica de frío. Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos no interior e moderados no litoral.

JUEVES
Durante a xornada do xoves Galicia continuará baixo réxime de ventos do norte con aire frío e con algunha inestabilidade. Deste xeito predominarán os ceos alternado nubes e claros con chuvascos, máis probables na metade norte e zonas altas; estes chuvascos podería ser ocasionalmente tormentosos e vir acompañados de sarabia. A cota de neve estará nos 800 metros pola mañá, ascendendo a 1000 metros pola tarde. As temperaturas descenderán en zonas altas e ascenderán preto do litoral aínda que continuará sendo una xornada de sensación térmica de frío. Os ventos soprarán de compoñente norte moderados en xeral, diminuíndo pola noite.

METEOGALICIA