10/3/16

O CONCELLO DE CANGAS PROXECTA O DOCUMENTAL “FÍOS FÓRA”

  
Conclúen así os actos en conmemoración polo Día Internacional da Muller 

O venres 11 de marzo, ás 20:00 horas, proxectase no Salón de Plenos do Concello de Cangas o documental Fíos Fóra de Illa Bufarda para Amarante Setem, asociación galega que traballa no eido da educación, consumo responsable e economía social. 
Con este documental, danse por finalizados os actos en conmemoración do Día Internacional da Muller. 
Fíos Fóra – Illa Bufarda 
Sipnose 
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. 
Ficha técnica 
Dirección: Illa Bufarda 
Guión e produción: Illa Bufarda 
Produción executiva: Amarante 
Gravación, edición e postproducción: Illa Bufarda 
Son directo: Carlos Sarille 
Música: Mónica de Nut e Martin Messier 
Moderador de entrevistas: Marcos Doespíritosanto Gallego 
Maquetación e deseño gráfico: Illa Bufarda 
País: Galiza 
Xénero: Documental 
Duración: 90 minutos 
Data de estrea: 2015 
Idioma Orixinal: Galego – español. 
Subtítulos: Español e Inglés 
Tradución: André Taboada Casteleiro e Matt Smith