No prospera la propuesta del Bloque para establecer un plan de recuperación de la merluza

O PP REXEITA O PLAN DO BNG PARA A RECUPERACIÓN DA PESCADA NA COSTA GALEGA

O parlamentario do BNG, Daniel Rodas lamentou que, "unha vez máis, o Partido popular non defenda os intereses da flota galega"


O parlamentario do BNG, Daniel Rodas defendeu hoxe, a través dunha proposición non de lei, na Comisión de pesca, a elaboración, por parte da Xunta de Galiza dun plan de recuperación da pescada na costa galega.

O deputado lamentou que o portavoz do grupo maioritario do Partido popular, José Manuel Balseiro  anunciara o voto en contra da iniciativa do BNG porque suporía a prohibición de pesca para outros barcos, ao que o nacionalista respondeu que “non é lóxico” que mentres os barcos galegos realizan os descansos preceptivos, as embarcacións francesas ou portuguesas segan desenvolvendo a súa actividade “con maiores cotas e con artes que aquí están prohibidas”.

O parlamentario reclamaba  "alternativas aos días que non poidan capturar pescada  de xeito que se garanta a actividade de arrastre, da volanta e do palangre a fondo, asemade, demandaba actualizar os informes científicos nas zonas de veda e desove da especie" así como un  Plan que vinculara a todas as embarcacións que faenan no litoral galego.

Daniel Rodas pediu ao Goberno galego “tomar a iniciativa” e non seguir na mesma actitude que mantén na mesa da volanta, da que dixo, “non se conseguiu nada”. Ou se toman medidas, dixo, ou o futuro do nosa flota está abocado “ao despezamento”.Tiñamos 108 barcos de arrastre e na actualidade quedan 69 con 127 días de actividade.
A proposición non de lei do BNG foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido Popular.