La lideresa del Bloque, Pontón, pasó por Bueu y fue recibida en el Concello

O alcalde de Bueu, Félix Juncal e os concelleiros/as Xosé Leal, Martín Villanueva, Silvia Carballo e Fidel Castro recibiron hoxe nas dependencias do Concello á voceira do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, quen está levando a cabo unha ronda de visitas polos municipios onde o BNG ten a responsabilidade do goberno. Por iso aproveitou para coñecer de preto as iniciativas que está levando a cabo o goberno local na vila buenense e os futuros proxectos.
A visita comezou na sala de concelleiros/as, onde se lle explicou o trámite e adaptación ás diversas do PXOM, que o Concello vai aprobar proximamente, e o proxecto de rehabilitación e acondicionamento da primeira fase do estaleiro da  Banda do Río, que se fará con fondos municipais procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. 
A continuación, Ana Pontón puido coñecer a Praza de Abastos de Bueu, onde falou cos praceiros e praceiras sobre as súas inquedanzas, ademais da aposta do goberno local pola pesca sustentable e polos produtos ecolóxicos.  Neste sentido, a Praza de Bueu é unha das poucas que ten horario de apertura de tarde, e que foi renovada recentemente, co acondicionamento do primeiro andar para a realización de actividades alternativas e complementarias: obradoiros de cociña, mercados temáticos, mercados ecolóxicos… Este espazo é para o goberno local unha estratexia para dinamizar o comercio local e os produtos de proximidade, idea que tamén compartida polo partido nacionalista.

E xa para rematar, e antes de dirixirse a Moaña, a voceira do BNG achegouse, acompañada de membros do goberno local, ao estaleiro da Banda do Río para ver in situ o seu estado de conservación e as medidas concretas de actuación que comezarán en breve, e coas que o estaleiro se converterá nun referente do patrimonio turístico e social da vila buenense.