Este sábado, concierto del "Cuarteto Caramuxo" en Vigo

Concerto "Cuarteto Caramuxo" no auditorio municipal do Concello de Vigo, 20:30 h. día 19 marzo. ARRIEIROS SOMOS é o segundo traballo discográfico da formación afincada en Vigo , premio "Martin Códax” da Música de Galicia como mellor grupo de música folk na última edición celebrada o mes de decembro de 2014.
Este traballo está composto por dez pezas instrumentais nas que este orixinal cuarteto de seis continúa a liña de reinterpretación da música tradicional galega que iniciaron no seu Tiruriru (Falcatruada, 2009) dende un punto de vista contemporáneo afastado dos estereotipos da música folk e que tan boa acollida tivo por parte de público e crítica.
Muiñeiras, xotas, alalás, e cantos de arrieiro de fins do s. XIX recollidos nunha parte que permanecía inédita do Cancioneiro Galego de Casto Sampedro son actualizados en mans do Cuarteto Caramuxo a ritmo de jazz, pop, reggae ou funk cargado de elegancia, virtuosismo e acenos a músicas coñecidas.
O CUARTETO CARAMUXO está formado por unha percusionista de formación tradicional ao carón dun acordeonista e catro clarinetistas de sólida formación académica que levan tocando xuntos máis de vinte e cinco anos nos que fixeron dende teatro a proxectos didácticos e nos que foron galardoados con diversos premios como o "María Casares de teatro de Galicia" en 2005 ou o premio "Cancioneiros” de música folk convocado pola Fundación Barrié de la Maza, que os deu a coñecer no mundo do folk a nivel galego e peninsular.

ACCESO: 10 € - Venta anticipada: Escola Mundo Sonoro (c/ Teixugueiras, 19), Restaurante Gálgala (c/ Placer, 4) y Ticketea - En el despacho de billetes del auditorio: desde una hora antes del comienzo