En torno a la figura de Carmela Silva : se enzarzan Santos Héctor (PSOE) y Jacobo Moreira (PP)

Moreira estima que Carmela
Silva es la Delegada del
Alcalde de Vigo en la Deputación. Esto
ha irritado a los socialistas, que le han
respondido a los cinco minutos...
O portavoz do Grupo Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez, calificou de “impresentable” a intervención do portavoz municipal do Partido Popular no pleno de hoxe no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, en relación as súas reiteradas alusións á Presidenta da Deputación, Carmela Silva, á quen se referiu como a Delegada do alcalde de Vigo na institución provincial. Rodríguez sinalou o hartazgo da cidadanía ante a actitude "insistentemente machista dos dirixentes do Partido Popular en Galicia cara á Presidenta da Deputación",  aos que recomenda "unhas cantas clases de igualdade “para que dunha vez entendan que ningunha muller ten por que depender dun home cando ostenta un papel relevante na política ou en calquera outro ámbito laboral". 

O portavoz do grupo provincial socialista lembra a Jacobo Moreira que "se non sabe onde, o goberno desta nova Deputación puxo en marcha un Servizo de Igualdade onde non terían  problema algún en asesorarlle para que logre superar os seus complexos e actitudes da vella política que están completamente superadas na sociedade actual".

En calquera caso, apuntou Santos Héctor Rodríguez, "os continuos ataques dos dirixentes do PP cara a Carmela Silva, non fan máis que enorgullecernos cada día de ter a unha muller intelixente, eficaz e sen complexos como ela á fronte da Deputación de Pontevedra porque é evidente que só se ataca a quen se respecta e témese como rival"


O portavoz provincial do PSOE lembrou aos populares que "a campaña electoral aínda non empezou e os cidadáns e cidadás da provincia o que esperan é que dunha vez o PP empece a ocuparse dos problemas da xente, que son moitos, e non escenificar cada día ataques a outros cargos políticos, especialmente se son mulleres, porque así non fan outra cousa que visibilizar o seu desconcerto ante a situación actual"