El Tiempo en la Semana Santa en Galicia : de mejor a peor...

JUEVES SANTO
Tarde de Sábado Santo
Galicia manterase aínda na influencia das altas presións, pero co avance do día os ventos irán rolando a compoñente oeste aportando nubes que serán máis abundantes á noite. Así, durante a mañá os ceos estarán pouco anubrados, con nubes de tipo alto e néboas no interior da provincia de Lugo. A partir do mediodía entrarán nubes medias e á noite os ceos iranse cubrindo de nubes baixas. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de dirección variable pola mañá, tomando unha compoñente oeste pola tarde

VIERNES SANTO
O venres unha fronte pouco activa chegará a Galicia, polo que a xornada será de ceos cubertos con chuvias de carácter feble, máis probables na metade oeste da Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará moderado do sudoeste, con intervalos fortes no litoral atlántico.

SÁBADO SANTO
O sábado Galicia quedará baixo a influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas que enviará unha fronte fría durante a xornada. Así, os ceos estarán cubertos, con chuvias febles durante a mañá na metade oeste e que pola tarde serán xeneralizadas e localmente de intensidade moderada. Estas precipitacións serán de neve en cotas de 1000-1200 metros durante a noite. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso durante o día e descenderán cara á noite despois do paso da fronte. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes no litoral e zonas altas.

(MeteoGalicia)