DEPUTACIÓN POSIBILITA QUE 26 MOZAS E MOZOS REALICEN AS SÚAS PRÁCTICAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN ITALIA E REINO UNIDO


A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurará mañá a xornada de preparación da mobilidade Erasmus + do PracticumDepo 2016
As 26 mozas e mozos realizarán as súas prácticas en Italia e Reino Unido desde abril ata novembro de 2016

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto coa deputada delegada de emprego, Montse Magallanes, inaugurarán mañá ás 9:30 no Pazo Provincial da institución provincial a xornada de preparación da mobilidade Erasmus + do PracticumDepo 2015, que ten como obxectivo dar a coñecer ós 26 participantes nesta segunda mobilidade en que consiste o proxecto e como se teñen que preparar.  
A xornada consistirá nunha presentación do programa, achega de documentación e formación ó alumnado sobre as características da mobilidade, as condicións de aceptación da bolsa, os compromisos das persoas participantes, trámites, dereitos e deberes, CV formato Europass, consellos prácticos sobre a viaxe, coberturas de seguros, tarxeta sanitaria, teléfonos de interese, etc. Amais, un grupo de persoas transmitirán a súa experiencia persoal no programa. 

As 26 mozas e mozos que participarán na segunda mobilidade Eramsus + PracticumDepo 2015 iniciarán as prácticas en empresas de Italia e Reino Unido o 24 de abril e rematarán o 5 de novembro de 2016. O alumnado da segunda mobilidade de Erasmus + PracticumDepo 2015 pertence a centros educativos de Marín, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda, Vila de Cruces  e Vigo.