De nuevo Concello de Cangas subvenciona la "XXXIII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO"

Xosé Manuel Pazos y Che Mariño, en el momento de la firma

Aumenta o presuposto para a manifestación artística máis importante de Cangas 

O alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, e a presidenta da Asociación Cultural Xiria, asinaban esta mañá o convenio de colaboración para desenvolver a XXXIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas co obxectivo de cooperar entre ambas entidades para favorecer a divulgación e fomento das actividades teatrais entre os cangueses. 
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas nace no ano 1984 e convértese ao longo deste anos no festival teatral máis antigo e un dos máis prestixiosos entre os que se celebran en Galicia. 
A vila de Cangas será un referente teatral entre o 1 e 10 de xullo de 2016, datas nas que se organizará este ano o evento. A través deste convenio o Concello de Cangas comprométese a destinar a cantidade de 14.000 euros. 

Asociación Cultural XIRIA 
Esta asociación organiza o evento dende a súa creación no ano 1984. É unha asociación sen ánimo de lucro, encargada de organizar e xestionar diferentes proxectos en prol da recuperación, defensa e promoción do patrimonio cultural de Galicia, centrando a súa actividade no cine e moi especialmente nas artes escénicas.