"Concerto Benéfico 16" a celebrar este venres 11, as 19:00, no IES AS BARXAS

Moaña : "Concerto Benéfico 16" a celebrar o vindeiro Venres 11 de Marzo as 19:00h no  IES AS BARXAS. EN BENEFICIO DE "CARITAS Sta Baia MEIRA"

Actúan a Banda Infantil, o Coro da EMMM e a Banda Xuveníl da Escola Municipal de Música en beneficio dos veciños máis necesitados que acuden á confederación benéfica Cáritas de Meira.
O prezo da Entrada é 1 Kg de comida non perecedoira, como  leite,  arroz, pasta, azucre, aceite, legumes, galletas ou similar para todo aquel que asista, independentemente da idade.   Ademáis será especial por ser o concerto no que os propios músicos tamén paguen entrada.
As agrupacións  están no momento álxido do curso con bo ritmo de traballo, preparándose para o peche do 2º trimestre escolar. A sede da fundación benéfica desta parroquia , tamén coñecida como "Sta. BAia" xestionará este ano os víveres adquidridos para poñelos a disposición, segundo as súas directrices, dos máis necesitados do municipio.
É a terceira vez que os alumnos da escola participan nun evento de similares características , despois da fantástica  acollida  que tivo a pasada edición na que se rercadaron  máis de 400Kg de alimento, e a idea é continuar con esta iniciativa, sen descartar abrilo a novas sedes de asociacións benéficas a maior escala  para facer un reparto equitativo entre os sector social máis perxudicado.

A actividade ten como finalidade:
  • aportar por parte do Centro o grao de area no apartado de colaboración social.
  • fomentar no alumnado o hábito de cooperación e solidariedade
  • traballar co alumnado a capacidade loxística e  organizativa na xestión de recursos deste tipo. 
As agrupacións teñen preparado un repertorio variado de temas tradicionais, populares, Bandas sonoras e pezas máis modernas para animar ao público presente e convidan a todas e todos a colaborar con esta causa, achegando a súa aportación, mesmo si non poden quedar ao evento.