29/3/16

Concello de Cangas resalta la mayor afluencia de visitantes en Semana Santa con respecto al año anterior


AUMENTA O TURISMO EN CANGAS POLA SEMANA SANTA 
Preto de 450 persoas pasaron polas oficinas de turismo, un 10% máis con respecto ao ano pasado 

O Concello de Cangas mellora a súa ocupación durante as festas de Semana Santa. Os datos cifranse en 441 persoas que pasaron polas oficinas de turismo situadas na Casa da Bola e na Estación Marítima. 
Os visitantes aludían a diversos motivos o seu paso por Cangas, destacando principalmente o turismo cultural, un 53% dos visitantes. Outros motivos que atraxeron aos turistas foron: natureza (27%) e relixión (11%); en menor medida: visitas a familares ou amigos, gastronomía ou negocios, entre outros. 
Por sexo, un 54% dos visitantes foron mulleres contra un 46% de homes. Con respecto á procedencia das visitas, una 68% corresponde a españois non galegos, fronte un 27% de visitantes galegos e un 5% de persoas estranxeiras. 
A estes dato hai que engadirlle aquelas persoas non contabilizadas procedentes de todo o Morrazo, Vigo, Pontevedra e outros puntos da provincia que acudiron á vila unicamente para contemplar as procesións de Semana Santa ou para disfrutar das praias ou sendeiros. 

DO 18 DE MARZO AO 27 DE MARZO DE 2016 
As cifras que se manexan a continuación pertencen unicamente aos datos estatísticos recollidos do muestreo realizado na oficina de turismo da Casa da Bola e na Oficina de Turismo situada na Estación Marítima. Foron en total 441 as persoas que pasaron polas citadas oficinas, o que supón un incremento dun 10% con respecto o ano anterior, pero hai que ter en conta que non todas as persoas que veñen a Cangas pasan por elas, a este dato debemos engadirlle a xente que, procedente de todo o Morrazo, Vigo, Pontevedra e outros puntos da rovincia, acudiu a Cangas unicamente para contemplar as procesións da Semana Santa ou para isfrutar das nosas praias ou sendeiros.