17/3/16

Concello de Bueu da aprobación a su Plan Xeral de Ordenación Municipal

El teniente de alcalde, Martín Villanueva, gran impulsor del PXOM, leyendo
un texto en el curso de la sesión plenaria
Tras seis anos de trámite, o Concello de Bueu acolleu onte o pleno extraordinario no que se aprobou de forma provisional o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), cos votos a favor do grupo de goberno, BNG, e de ACB-SON. O grupo do PSOE votou en contra, e os tres concelleiro/as do PP preferiron ausentarse durante a votación. Esta decisión tómase in extremis, a poucos días da entrada en vigor da nova Lei do Solo que, de non aprobarse, faría volver todo o proceso atrás.
Iniciouse o pleno cunha intervención do alcalde, Félix Juncal, quen destacou a importancia da sesión, e mostrouse satisfeito por formar parte da corporación que aprobe o planeamento de Bueu.  O rexedor tivo palabras de loubanza para os técnicos e funcionariado que fixeron posible “o compromiso colectivo e a adopción da mellor das propostas” e fixo un chamamento ao consenso dos grupos políticos para aprobar unha “proposta que non satisfai plenamente a ninguén, pero que é a mellor das posibles”.
Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, foi o encargado de dar lectura á acta da comisión de urbanismo referente ao PXOM, e de explicar todo o que foi o proceso de tramitación, que comezou a esbozarse co novo equipo redactor no ano 2010.  Foi en xullo de 2013 cando se aprobou o Plan inicialmente, someténdose a continuación a un período de alegacións público de dous meses, que se estendeu logo a tres. Durante ese tempo presentáronse un total de 811 alegacións, das que se aprobaron 470, segundo declarou o edil de urbanismo. Despois o plan tivo que enviarse a máis de vinte administracións con competencias no noso concello, para que puidesen avaliar diferentes parámetros e a viabilidade do PXOM, e precisamente o último ano a tramitación baseouse en agardar polos dous informes que restaban, o de patrimonio e o de viabilidade ambiental, que retrasaron todo o proceso. Con todo, finalmente o trámite chega a tempo, e o PXOM de Bueu aprobouse provisionalmente, polo que nestes días se preparará a documentación para enviar á Secretaría Xeral de Urbanismo para que revise o documento, e poida aprobalo definitivamente, o que ten un período aproximado de dous ou tres meses. 
Con todo, a oposición fixo as súas propias declaracións e mostrouse crítica co goberno. José Manuel Vilas, voceiro do PSOE, votou en contra e fundamentou a súa intervención en expoñer unha serie de puntos que o plan debería corrixir, xa que, en caso contrario, “suporía a defunción do rural”. Semellantes declaracións tivo o PP, que mostrou os puntos débiles do traballo do equipo redactor, loando os dos técnicos municipais.  
Finalmente, Julio Villanueva declarouse a favor de que Bueu conta xa cun plan xeral, xa que de paralizarse agora “suporía ter que comezar todo de novo, e non estamos para iso”, sentenciou.