Comenzaron las sesiones de la "XXXIII Semana Galega de Filosofía"

Iniciase a XXXIII Semana Galega de Filosofía co gallo de crear a conciencia política de recuperar o poder político para os cidadáns. En palabras de  Ana Regueira GarcíaCoordinadora da Aula Castelao esta semana quere expor unha visión política que  “para nos non debe ser entendida soo como administración de, senón  e sobre todo como “proposición” de fins onde as asimetrías desaparezan e as posibilidades aparezan co obxectivo de que cada quen e cada pobo desenvolvan todas as súas capacidades”. A antipolítica, antiideoloxía, a postpolítica que fan caer o compromiso político social, non poden someter a necesidade biolóxica da política para “poder chegar a ser plenamente” cos outros porque “a vida humana plena só pode desenvolverse nun diálogo cos demais.

Na mesma liña Miguel Anxo Fernández Lores lembrou que vivimos “horas de frivolidade e urxencia” na que se produce unha “banalización mediática á que estamos expostas as persoas que exercemos a actividade política”. Lembrou que a pesares de que moitos teñan instrumentalizado en interese propio as institución públicas “son moitas as persoas que se achegan á política dende o compromiso co servizo público”. Fronte ó desánimo político salientou a necesidade de retomar o poder político para os cidadáns fronte ós poderes económicos.
Tamén Xosé Leal Deputado Delegado de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación de Pontevedra salientou que “os que nos dedicamos á política botabamos en falta unha reflexión seria e profunda do que é a política” son necesarias estas xornadas para “dar a entender que a política é unha actividade con pasado, con presente e con futuro”. 

A edición 33 afondará pois esta semana nunha temática que “non fai senón afondar no interese” da defensa dos ”dereitos fundamentais da persoa” como indicou Alberto Lastres Couto, Secretario da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra 
Antipolítica, antiideoloxía, a postpolítica non son senón síntomas da vulnerabilidade exposta por María Xosé Agra Romero, quen considera que “é preciso un novo contrato social” capaz de subtraernos da vulnerabilidade e da violencia.  A vulnerabilidade comeza por ser un atributo negativo que non queremos posuír, pero a  é consustancial ó ser humano. A distribución diferencial da vulnerabilidade afecta ós grupos humanos en termos económicos e sociais que é preciso recoñecer e corrixir. Agra sinalou entre outros a precarización das condicións sociais  da muller en contextos de crise, as vulnerabilidades que suscitan os conflitos armados ou as políticas neoliberais. A recoñecibilidade das vulnerabilidades debe levarnos a reconfigurar as relacións humanas e o contrato social para afrontar con responsabilidade política a vulnerabilidade que nos caracteriza como individuos e como grupos. 
A soberanía como mecanismo para subtraernos da vulnerabilidade será tratada no relatorio da tarde por Francisco Sampedro Ojeda. O filósofo presentará para a súa recoñecibilidade os mecanismos políticos e económicos que vulneran a realidade de Galicia. O debate de hoxe apunta cara a un suxeito político comprometido e vacinado contra  a antipolítica, antiideoloxía, a postpolítica; así a reflexión focalizará esta noite no “procés catalán” da man de Antonio Baños Boncompain


POÑENCIAS DO MARTES DÍA 29

REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBOR DA POLÍTICA.  10:30 a 13:30 Coordina Alex Cendón
Crise, adelgazamento e deformación dos conceptos ético-políticos.
Nos novos escenarios que se producen en tempos de crise “os antigos conceptos vólvense caducos”. Esta caducidade dos conceptos condúceos a seren superados e mudados por outros novos capaces de dar solución ás  situacións xeradas polos novos contextos. Concha Roldán, profesora de investigación no Instituto de Filosofía (IFS) do CSIC, revisará no seu relatorio conceptos ético-políticos como liberdade, xustiza, igualdade, democracia, revolución, utopía, etc. Roldán explica que nas crises coma a actual é “cando os antigos paradigmas hexemónicos son substituídos por outros e resulta inaprazable buscar novos argumentos”. A “crítica filosófica e ideolóxica” son indispensables para investigar, analizar e interpretar os cambios que se están a apuntar na situación actual.

A POLÍTICA VISTA DESDE GALICIA O SUXEITO POLÍTICO E A CUESTIÓN NACIONAL. 17:00 a 19:30 Coordina Enrique Egea
Consecuencias económicas do rol dependente de Galiza no estado español no marco da UE.
Aleixo Vilas Castro falará do impacto político-económico que ten para Galiza o afastamento dos “centros de decisión política e económica”. A  posición periférica do Estado Español dentro da Unión Europea e a submisión ó capital financeiro franco-alemán, agrava a falta de compromiso político do estado central na defensa dos  sectores produtivos de Galicia. A posición dentro do entramado de competencias políticas inhibe a capacidade de promover un desenvolvemento endóxeno sostible baseado nas potencialidades do noso país. Vilas Castro revisará os efectos deste marco de infraestruturas  político-económicos centralistas en distintos sectores coma o financeiro ou enerxético e os seus custos sociais e medioambientais. 

A POLÍTICA A DEBATE. 20:00 a 22:00 Coordina Ana Regueira
Paremos o Tratado Transatlántico de Libre Comercio e Inversión, TTIP!

O relatorio da noite fará unha revisión das consecuencias que vai a ter o TTIP para as condicións de traballo e vida dos cidadáns dos países  que firmen o tratado. Ricardo García Zaldívar (representante de Attac España)  retomará a reflexión sobre conceptos coma o de soberanía que se verán afectados polos mecanismos que pretende poñer en marcha o tratado internacional. O poñente incidirá tamén na falta de transparencia coa que se desenvolveron as negociacións do tratado e do empeño que se tivo en  que fora aprobado sen que as condicións fosen coñecidas para pola opinión pública ou sometidas ó control cidadán.