Charla en Cangas sobre la figura de Rosalía de Castro

Unha charla sobre Rosalía de Castro se vai celebrar o mércores 16 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Cangas, promovida pola Fundación Rosalía de Castro.

O Padroado Rosalía de Castro, que se fundara no Hotel Compostela de Santiago o 15 de novembro de 1947, tranformouse en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997.
É unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía; conservar e incrementar o patrimonio rosaliano dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado; coidar do Mausoleo de Rosalía sito San Domingos de Bonaval; e celebrar actos en conmemoración das datas rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago de Compostela.
Ten a súa sede na Casa da Matanza, en Padrón (A Coruña).

Memoria da traxectoria cultural
Logo da Guerra Civil, proscritos ou exiliados a maioría dos líderes do
galeguismo, os que permanecen en Galicia renuncian á resistencia política e refúxianse nun labor exclusivamente cultural. A adquisición da Casa de Rosalía en 1947 é unha oportunidade extraordinaria para traballar nesa dirección, creando o Patronato Rosalía de Castro.
Este Patronato ocúpase de coidar a Casa e mais o Mausoleo, de promover o
estudo da vida de obra de Rosalía e tamén de Murguía. Durante o réxime
franquista, as misas por Rosalía que organiza o Patronato todos os 25 de xullo convértense no único acto público no que se consentían a lingua galega e as reivindicacións galeguistas.
A progresiva apertura política a partir dos 70 baleirou o Patronato de todas as connotacións políticas e, sobre todo, desa condición de refuxio do galeguismo, converténdose en 1995, por necesidades de tipo legal, na Fundación Rosalía de Castro.