Cangas : nova edición do CROSS ESCOLAR CEIP. A RUA

Este domingo, día 13 de marzo, terá lugar en Cangas unha nova edición do CROSS ESCOLAR CEIP. A RUA, evento organizado pola ANPA. A RÚA e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar nos arredores do CEIP. A RÚA, trascorrerá en horario de 10.30/13.00 h, e nel prevese a participación de máis de 300 atletas, achegados dende diferentes localidades e centros escolares da Comarca do Morrazo.


Para unha información máis detallada: anpa.arua@gmail.com