Bueu promueve acto conmemorativo del 8 de marzo

O Concello de Bueu, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza este martes o acto conmemorativo do 8 de marzo, Día das Mulleres. As actividades comezarán ás 12 horas no Centro Social, e constarán dunha Declaración conmemorativa deste día a cargo de alumnos e alumnas do IES Illa de Ons.  A continuación o Concello fará entrega dos agasallos aos gañadores/as do certame de viñeta e ilustración “A igualdade no traballo”.
O xurado estivo composto polo pintor e artista, José María Barreiro Gómez, pola directora do CIM, Montserrat González García, e pola concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero Pastoriza, e reuniuse o pasado xoves, 3 de marzo. Das 236 viñetas participantes dos seis centros educativos da vila, escolléronse tres primeiros premios e nove mencións especiais. Ademais, o deseño de Salvador Santos Piñeiro, alumno de 5º de primaria do CEIP A Pedra, foi elixido como imaxe da X Campaña de Educación Non Sexista do Concello de Bueu.
Así, o primeiro premio de 1º da ESO é para Brais Pastoriza Garrido, do CPR Virxe Milagrosa, e para Noa Fernández Regueira, do IES Johán Carballeira; e o primeiro premio de primaria é para Inés Brión Martínez, de 6º de primaria do CEIP A Pedra.
Ademais, houbo nove mencións especiais para Rocío Novas Santaclara, Iria Rodríguez Iglesias, Salvador Santos Piñeiro, Gisela Pérez Porto, Jairo Martínez Ferradás, Marta Vidal Entenza, Paula Castro Castro, María Goberna Sanmartín e Lidia Durán Malvido.

Os actos completaranse coa Gala da Igualdade de homenaxe ás costureiras que será o domingo ás 18 horas no Centro Social do Mar.