21/3/16

BUEU ABRE A OFICINA DE TURISMO E A AULA DA NATUREZA DE CABO UDRA ESTA SEMANA SANTA


O Concello de Bueu abrirá a Oficina de Turismo e a Aula de Natureza de Cabo Udra durante esta Semana Santa. Os servizos da Oficina de Turismo comezarán a funcionar mañá, 22 de marzo, en horario de 10 a 15 e de 17 a 20 horas.
E a Aula de Natureza de Cabo Udra terá xornada de atención ao público de 11 a 19 horas, na que tamén se ofrece a posibilidade de realización de rutas diarias, de mañá e tarde, por Cabo Udra, a petición dos usuarios/as.
Ambos servizos estarán abertos ata o 27 de marzo.