9/3/16

Ascenso fulgurante de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos. Será vicepresidente provincial del PP y líder de la Oposición en la Deputación

Nídia Arévalo
O candidato á Presidencia do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, incluirá na súa executiva á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que ostentará o cargo de vicepresidenta do partido. Ademais, Rueda encomendaralle as funcións propias da portavocía tanto no ámbito da organización como na Deputación provincial.

O aspirante considera que Nidia Arévalo pertence a esa nova xeración de políticos que combina xuventude con experiencia de xestión pública, e que contan co aval das urnas. No caso da alcaldesa de Mos, obtivo maiorías absolutas tanto nos tempos de maior fortaleza electoral do PP, en 2011, como cando o partido tiña máis dificultades polo desgaste da xestión da crise, en 2015.

Rueda cre que nos novos tempos que o partido ten que inaugurar haberá que dar máis protagonismo a persoas que teñen demostrado contar co respaldo dos seus veciños pero que aínda non asumiron responsabilidades de primeiro nivel a nivel provincial.

Ademais, cre que a vida pública local permite facer unha política de proximidade que temos que implementar na totalidade das estruturas do partido. Por iso, o candidato popular avanza que o seu núcleo de traballo estará formado, maioritariamente, por persoas que teñan traballado nese ámbito. “Ninguén sabe máis das necesidades dos veciños que os que lles visitan nas súas casas; e os que teñen feito ese traballo nas eleccións para pedir o voto son os que agora deben dar un paso ao fronte e traballar dende a dirección do PP de Pontevedra”, apunta.

Nidia Arévalo será unha das principais caras do partido e terá ante si, non só as labores propias do cargo de vicepresidenta, senón tamén unha importante labor como alicerce comunicativo do PP de Pontevedra. Así, será a encargada de posicionar á organización na Deputación pero tamén de axudar a comunicar a postura do partido nos temas de actualidade fora do organismo provincial.

A potenciación do cargo de voceiro do partido –que se vincula á Vicepresidencia- responde as necesidades de mellorar na nosa comunicación cos cidadáns, de forma que as nosas decisións, ademais de ser axeitadas, sexan tamén ben transmitidas aos pontevedreses. 

Polo tanto a futura vicepresidenta do PP de Pontevedra deberá ser un continuo enlace entre a nosa mensaxe e os cidadáns da provincia, do mesmo xeito que o terán que ser o presidente, a persoa que ocupe a Secretaría Xeral, e o resto de cargos do partido que saian do Congreso desta fin de semana.  


Perfil
Nidia Arévalo é licenciada en Químicas pola Universidade de Vigo. Comezou a súa carreira política como concelleira do Partido Popular en 1999 e é a alcaldesa de Mos desde 2008.

Forma parte do Comité Executivo Provincial desde o ano 2000. 

Foi deputada provincial desde 2003 a 2007 polo Partido Xudicial de Tui e desde xullo de 2015 é deputada e voceira do Grupo Provincial do PP.