" APDR ocultou durante anos o verdadeiro problema das aguas da Ría de Pontevedra" (ENCE)



 "APDR ocultou durante anos 
o verdadeiro problema das aguas da Ría" 
 "Só unha das notas de prensa difundidas por APDR desde 2006 se ocupa dos problemas de contaminación, polos que o Tribunal Xustiza da UE condenou a España". 

ENCE, Energía y Celulosa, no se calla. Harta de aguantar campañas reiteradas en donde aparecen casi siempre un sin fin de verdades a medias, cuando no falsedades, parece decidida a poner puntos sobre las íes, sea quien sea su oponente, para que la Opinión Pública, de una vez, sepa donde está cada uno. Este domingo, hizo pública una nota sobre la llamada Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra (APDR). Dice así : 

A recente sentenza do Tribunal de Xustiza da UE deixa ao descuberto como desde determinados sectores ocúltaselle dende hai anos á cidadanía a orixe dos problemas de contaminación da Ría. É o caso da Asociación pola Defensa dá Ría (APDR). De acordo á relación de notas de prensa e publicacións que ten no repositorio de contidos para os medios de comunicación na súa web, APDR só fixo unha denuncia pública, entre 2006 e 2014, centrada nas carencias estruturais da depuración das augas residuais urbanas na comarca. 

Entre 2006 e 2014, APDR publicou na súa web máis de 350 notas de prensa, convocatorias, imaxes de cartazes… pero só nunha das notas informativas para os medios, do ano 2006, se referiu aos problemas estruturais de depuración condenados pola Xustiza Europea. De maneira puntual, noutra nota condenaron unha vertedura de augas residuais urbanas á Ría. Sucedeu en 2007. Despois chegaron os anos do silencio. O problema da contaminación por coliformes fegais da Ría de Pontevedra só volvería ser tratado por APDR, para tratar de vencellalo a Ence e deixando de lado os problemas hoxe condenados pola UE, cando a Comisión Europea avanzaba na investigación do asunto. A finais de 2014, a Comisión Europea elevaría o asunto ao Tribunal de Xustiza da UE. 

Malia o exposto naquel fallo pola Comisión en 2014, que xa apuntaba ás verteduras de augas fegais como orixe do problema contaminación por coliformes, a asociación continuou relacionando a Ence coa presenza de coliformes na Ría. 
A recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea desautoriza á APDR. Deixa ben claro, por exemplo, que non existen infraestruturas adecuadas e obrigatorias para o tratamento das augas domésticas residuais. 

APDR foi por tanto cómplice nesta situación durante anos. Entre 2006 e 2014, as bacterias coliformes que contaminan a Ría non foron un problema para APDR. Desde que a Comisión Europea comezou a investigar o asunto, trataron de desviar a atención cara a Ence. Agora, ao fin, o Tribunal de Xustiza da UE puxo luz sobre anos de silencios e de mentiras.