Amplían la alerta por temporal en la costa de la provincia de Pontevedra desde el atardecer dominical

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta amplía a a alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará tamén a partir desta tarde ao litoral da provincia de Pontevedra, e ao suroeste da provincia da Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase temporal por mar combinada do Oeste, con ondas de ata 6 metros para a provincia de Pontevedra que comezará esta tarde. Ademais, esperase tamén temporal no suroeste da provincia da Coruña por mar combinada do Oeste-Suroeste con ondas que poderán alcanzar os 7 metros a partir desta mesma tarde.  

No noroeste e oeste da provincia da Coruña, AEMET actualiza o fenómeno meteorolóxico adverso por mar combinada do Oeste-Suroeste con ondas de 5 a 6 metros aumentando ata 7 metros. E dase por rematada a alerta laranxa por temporal na costa de Lugo.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.


Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.