Alcalde de Cangas concurre a los premios María Casares como adaptador de una obra de teatro

“A OBRA É DURA, PERO A REALIDADE É MOITO MÁIS” 

O Auditorio de Cangas enmudeceu coa obra da Compañía Ningures, Unhas poucas picadelas 

Está nominada a dous premios María Casares: actor protagonista e adaptación-tradución ( feita por Xosé M. Pazos Varela, alcalde de Cangas) 


O Auditorio Municipal de Cangas reestreaba este domingo “Unhas poucas picadelas”, a obra teatral que afonda na violencia machista de Laila Ripoll producida pola Compañía Ningures e que abre o ciclo de eventos preparados polo Concello de Cangas con motivo do Día da Muller Traballadora (8 de marzo). 
A obra orixinal de Ripoll en castelán leva por título “Unos cuantos piquetitos” en referencia á pintura de Frida Khalo. O texto, traducido ao galego polo rexedor de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela, está nominado ao premio María Casares para o premio de mellor adaptación-tradución e a actor protagonista, para Machi Salgado. 
Unhas poucas Picadelas presenta un caso real misturado ao mesmo tempo con ecos de fábula e introduce ao espectador no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres: violencia machista. El e ela representan representan personaxes que poderían aplicarse a calquera. Ela, anulada pola súa parella e polos medios de comunicación; el, estereotipo clásico de maltratador, machista e racista. 
Unha peza clara e directa con aparente falta de historia, de narración que semella convidarnos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas. 
Casilda Alfaro, protagonista da obra, recoñeceu que, aínda que non é doado abordar este tema en teatro, é moi necesario. “O teatro social é unha boa maneira de sensibilizar ao espectador” apunta a actriz quen advirte que a obra é dura, pero que a realidade que estamos a vivir día a día é moito máis. 

UNHAS POUCAS PICADELAS, de Laila Ripoll 
Ela: CASILDA ALFARO 
El: MACHI SALGADO 
Voz: PEPA BARREIRO 
Técnicos: HECTOR PAZOS, ANXO GRAÑA 
Escenografía: PABLO GIRÁLDEZ “ O PASTOR” 
Vestiario: JULIA ABAL 
Iluminación: SALVADOR DEL RÍO 
Música: ANXO GRAÑA 
Deseño Gráfico: DIEGO SEIXO 
Tradución: XOSÉ MANUEL PAZOS 
Axudante Dirección: PEPA BARREIRO 
Dirección: ETELVINO VÁZQUEZ 
Producida por: Ningures Produción S.L.