8/3/16

Actos en la tarde de este 8 de marzo en Cangas (Día Internacional das Mulleres)

PROGRAMA 
Martes 8 de marzo 
ás 19:45 na Praza do Concello 
Concentración e lectura do Manifesto polo Día Internacional das Mulleres a cargo do Alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela. 


ás 20:00h no Salón de Plenos do Concello  
Recoñecemento a Dolores Blanco Montes 
Presentación Institucional por Tomás Hermelo Álvarez, Concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade. 
Biografía Dolores- Mónica Molanes Rial da Asociación Púrpura compoñente do Consello de Igualdade. 
Recoñecemento Represaliadas- María Armesto de Mulleres en Acción compoñente do Consello de Igualdade. 
Poema de Dolores Blanco- María Armesto de Mulleres en Acción compoñente do Consello de Igualdade. 

Proxección do documental Digna Rabia 

'Digna Rabia' (2011, 67 minutos), de Ángel Rodríguez Gallardo e María Victoria Martins Rodríguez, no que un conxunto de mulleres reflexionan sobre o impacto do franquismo nas súas vidas: a soidade, a reclusión doméstica, a submisión, a violencia de xénero, dificultades para instruírse. Da desigualdade e da invisibilidade xorden as iniciativas para rebelarse ante esta situación e crearán novos espazos cívicos onde cuestionar o control, a xerarquía e o dominio masculino.