A XUNTA, NO MARCO DO PROXECTO ARIEM 112, FAI ENTREGA DE NOVO MATERIAL PARA EMERXENCIAS A CONCELLOS PONTEVEDRESES DA ZONA TRANSFRONTEIRIZA



Grazas ao material entregado hoxe, reforzanse a atención ás emerxencias na zona transfronteiriza en beneficio dos cidadáns de ambos lados da fronteira
A Xunta, a través do proxecto ARIEM 112 destinou preto de 320.000 euros, en diverso equipamento consistente en equipos respiración, detectores fume, racores, cámara térmica, equipo excarcelación ou medidores de gas, entre outros  
Cabe lembrar que en decembro xa foi entregado material para Portugal, coma 332 terminais TETRA, 732 racores, 4.450 detectores de fume, 55 equipos de respiración autónoma e 1 cámara térmica
 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, asistiu hoxe ao acto de entrega de novo  equipamento no marco do Proxecto Ariem 112 ao concello de Porriño, A Guarda, Tomiño e ao Consorcio provincial contraincendios e salvamento de Pontevedra, que será xestionado polo parque de bombeiros da Comarca do Baixo Miño- Condado e Louriña  (con sede en Porriño)

Coa entrega deste novo material reforzanse a atención ás emerxencias na zona transfronteiriza en beneficio dos cidadáns de ambos lados da frontera, estando así mellor preparados para facer fronte a calquera emerxencia que poida xurdir e ofrece así unha mellor resposta. Cabe lembrar que en decembro xa foi entregado material para Portugal, coma 332 terminais TETRA, 732 racores, 4.450 detectores de fume, 55 equipos de respiración autónoma e 1 cámara térmica

Ao acto de entrega que tivo lugar no concello da Guarda, asistiron representantes municipais dos concellos, membros dos GES e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos concellos, e o xerente da AXEGA, Juan José Muñoz.

Nova entrega de material
A Xunta, a través do proxecto ARIEM 112 destinou preto de 320.000 euros, en diverso equipamento operativo para as agrupacións e servizos de emerxencias  que actúan  na  zona transfronteiriza da provincia de Pontevedra.

Así, para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello de Porriño foron entregados 5 equipos respiración, 2 lanzas de auga e 12  mangueras  de auga. Os GES da Guarda recibiron 5 equipos respiración, 1 equipo excarcelación, 1 xogo de puntais de estabilización, 2 lanzas de auga e 14  mangueras  de auga.

Á agrupación de voluntarios de Protección Civil fóronlle entregados 1 equipo excarcelación, 1 xogo de puntais de estabilización, 2 lanzas de auga e 12 mangueras  de auga. E finalmente o Consorcio de Pontevedra recibiu 10 equipos respiración, 4.425 detectores fume, 365 racores, 1 cámara térmica, 1 equipo excarcelación, 4 coxins neumáticos, 3 traxes químicos, 1 ducha descontaminación, 3 carros de aire, 1 xogo de puntais de estabilización, 175 garrafas de 25 litros de espumóxeno e 3 explosímetros ou medidores de gas  

ARIEM 112
O proxecto Asistencia Recíproca Interrexional en materia de emerxencias, ARIEM 112, é un programa de actuación integral que favorece a asistencia recíproca, inmediata e conxunta optimizando medios e recursos, o que se traduce nunha minoración dos tempos de resposta e na xestión eficaz da emerxencia, calquera que sexa o lugar onde xurda a incidencia. A beneficiaria principal e cabeza do proxecto é a Axencia Galega de Emerxencias, Axega.

Engloba a máis de cen concellos, preto de 600.000 habitantes e unha extensión de case 17.000 quilómetros cadrados, que agora están atendidos no eido das emerxencia por máis de 1.100 efectivos, contando protección civil, e bombeiros das tres rexións, entre outros.

O Proxecto Europeo ARIEM-112 (Asistencia Recíproca Interrexional en Materia de Emerxencias) é un  proxecto de carácter multirrexional enmarcado dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), que ten como obxectivo principal o establecemento de un mecanismo de colaboración entre os Centros 112 que xestionan e mobilizan recursos de emerxencias nas zonas transfronteirizas implicadas de Galicia, Castela-León e Norte de Portugal, mediante a implantación de ferramentas comúns informáticas e de telecomunicacións, a formación conxunta e a implantación de protocolos de intervención comúns.