A XUNTA LICITA AS OBRAS DE REFORZO DE FIRME EN CATRO ESTRADAS AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE VIGO, MOS, O PORRIÑO E GONDOMAR

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación destas actuacións cuxo orzamento ascende a máis de 605.000 euros

A XUNTA LICITA AS OBRAS DE REFORZO DE FIRME EN CATRO ESTRADAS AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE VIGO, MOS, O PORRIÑO E GONDOMAR   

Trátase das estradas Sanguiñeda- N-120 (PO-511); Torneiros- Gondomar (PO-331); Sanguiñeda- Torneiros (PO-329) e Tui- A Ramallosa (PO-340), cuxas melloras beneficiarán máis de 376.000 habitantes
As actuacións teñen un prazo de execución de tres meses aproximadamente

Santiago, 21 de marzo de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as obras de reforzo de firme en catro estradas autonómicas na provincia de Pontevedra, concretamente nos concellos de Vigo, Mos, O Porriño e Gondomar.

Trátase das estradas Sanguiñeda- N-120 (PO-511); Torneiros- Gondomar (PO-331); Sanguiñeda- Torneiros (PO-329) e Tui- A Ramallosa (PO-340), cuxas melloras beneficiarán a máis de 376.000 habitantes.

Estes reforzos, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) nun prazo de tres meses aproximadamente, contarán cun orzamento de máis de 605.000 euros.

Na estrada PO-329, (Sanguiñeda (PO-511)- Torneiros (PO-511)), realizarase unha habilitación localizada mediante fresado e reposición ao longo de toda a vía, de 850 metros de lonxitude, que é unha das travesías do Porriño.

No caso da  PO-331, (Torneiros (PO-511) - Gondomar (PO-340)), as obras centraranse na reparación dos puntos que presentan deformacións mediante fresado e reposición.

Na PO-340, (Tui (N-550) - A Ramallosa (PO-552)) executarase a rehabilitación localiza mediante fresado e reposición, nos PKS 0+500 e 21+500, e en puntos comprendidos entre os PK´s 16+700 (no núcleo de Gondomar) e 19+000 (enlace coa AG-57).

Na PO-511, (Sanguiñeda (N-120) - Torneiros (PO-331)), as actuacións consistirán na rehabilitación localizada mediante fresado e reposición ao longo de toda a estrada, de 510 metros de lonxitude.