A OFICINA DE TURISMO DE CANGAS ABRE DURANTE A SEMANA SANTA


A OFICINA DE TURISMO DA ESTACIÓN MARÍTIMA ABRE DURANTE A SEMANA SANTA
Organizan visitas guiadas gratuítas ata o domingo

A oficina de turismo situada na estación marítima de Cangas permanece aberta dende o pasado venres día dos Dolores ata o próximo domingo 27 con motivo das celebracións de Semana Santa. O horario de apertura da oficina será de 11:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.
A concellería de turismo organiza visitas guiadas totalmente gratuítas polo casco antigo de Cangas dende o luns 21 ao domingo 27, agás o venres 25 xa que haberá procesións durante todo o día. O percorrido destas visitas abrenguerá principalmente a zona antiga de Cangas visitando entre outros monumentos a Excolexiata Santiago de Cangas, a Capela do Hospital ou as casas de patín. As saídas son sempre ás 11:00h dende a oficina de turismo do Porto de Cangas.
A oficina de turismo volverá a abrir as súas portas en maio para inaugurar a tempada estival.