8/2/16

Tribuna Libre : Moaña arranxará e homologará o barco pirata

Moaña arranxará e homologará o barco pirata.
A adxudicación do proxecto de restauración do barco pirata ubicado no parque infantil da Seara xa é unha realidade.

Antecedentes:
Aos poucos meses de tomar posesión, dende a Concellería de Obras e Servizos, revisáronse os informes policiais e técnicos das incidencias acontecidas durante o anterior mandato do PP nos diferentes parques infantís, así como os escritos presentados por particulares e colectivos referentes a este tema, para ter un análise real e pormenorizado da situación que presentaban as zonas de ocio e lecer no noso Concello.
Tras este estudo detectaronse algunhas eivas importantes como a escasez de elementos adaptados, a falta de mantemento nos elementos de xogo, atopamos numerosas queixas polo estado do barco pirata.... Con estes datos enriba da mesa, dende o departamento, decidiuse que dentro dos fondos da Deputación era importante presentar proxectos encamiñados a conseguir zonas de ocio seguras e de calidade, polo que se presentaron proxectos encamiñados a acadar este obxectivo: o "Proxecto de restauración do barco", o "Proxecto de Mellora dos parques infantís" e se solicitaron subvencións para a "adquisición de elementos adaptados".

Situación actual
A semana pasada adquirimos o primeiro elemento adaptado que será instalado nos próximos días no parque da Alameda.
Agora mesmo estamos na fase de redacción do prego para adxudicar o proxecto de mellora dos parques infantís, que permitirá a posta a punto de tódalas áreas de lecer do Concello.
E xa temos adxudicado o proxecto de restauración do barco pirata, que permitirá a súa restauración integral e a súa homologación.
barco pirata debido ao seu estado está sometèndose actualmente a unha revisión semanal por parte dos traballadores municipais, pero eses arranxos periódicos son insuficientes para un elemento das súas características.
A falta de mantemento, as inclemencias metereolóxicas e os actos vandálicos, entre outras cuestións, están facendo mella nun dos elementos máis característicos dese parque.
O equipo de goberno decidiu apostar por manter o elemento máis característico do parque e procedeuse a redacción dun proxecto para a súa reparación integral con cargo aos plans da Deputación.
Con data 28 de decembro de 2015 a Diputación resolveu a favor do proxecto, o que nos permitiu proceder a súa adxudicación por importe de 29.326,42€. 
O proxecto inclúe a reposición de toda a madeira en mal estado, a substitución das trepadoras e demais elementos deteriorados, o pintado, así como a tramitación da súa correspondente homologación. O prazo de execución da obra é de dous meses.

Dende este goberno seguiremos traballando en prol dos máis cativos/as, apostaremos por espazos de ocio inclusivos, con elementos homologados e que cumpran tódalas garantías para o xogo.


Marta Freire,
Teniente de Alcalde de Moaña