Premios, científicos, Lugrís, Caballero y el Hospital Xeral

O CONSELLEIRO ROMÁN RODRÍGUEZ SALIENTA, NA ENTREGA DOS XXI PREMIOS SAN CLEMENTE, A IMPORTANCIA DA LECTURA NA FORMACIÓN DOS MÁIS NOVOS. Pedro Feijoo, Javier Cercas e Colm Tóibín, xa galardoados anteriormente neste certame, recolleron os premios da edición de 2015. Por primeira vez, e como novidade polas dúas décadas de vida do concurso, participaron como xurado centros educativos de outros países europeos.
--------------------

O CONSELLEIRO CONDE DESTACA A CONTRIBUCIÓN DOS PROFESIONAIS DO CSIC PARA COLOCAR A GALICIA “Á VANGARDA DA INNOVACIÓN ESPAÑOLA”.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na homenaxe da institución a traballadores que cumpren 25 anos de servizo e desempeñan funcións no eido científico, técnico e de apoio, así como de xestión e administración. Resalta que 11 dos 17 galardoados son mulleres, e defende que o “rol feminino na ciencia galega pode, e debe, crecer no futuro”. Nos últimos 8 anos o Goberno galego destinou preto de 12 millóns de euros á mellora da competitividade e a excelencia científica da delegación galega da institución.
____________ 

COA PRESENTACIÓN DA OBRA ‘RAMÓN LUGRÍS. SEMPRE GALICIA, SEMPRE EUROPA’, POLÍTICA LINGÜÍSTICA RÉNDELLE HOMENAXE PÓSTUMA AO TRADUTOR FERROLÁN. Valentín García lembra “o gran labor que intelectuais cheos de amor e admiración por Galicia, como Ramón Lugrís, fixeron polo europeísmo e a proxección internacional da nosa lingua e cultura”. O escritor, xornalista e tradutor ferrolán faleceu o pasado 2 de decembro en Cidade Real
____________

EL ALCALDE DE VIGO PIDE QUE LA XUNTA CEDA AL CONCELLO DE VIGO EL EDIFICIO DEL HASTA AHORA HOSPITAL XERAL.
El alcalde de Vigo, Abel Caballero, ha urgido hoy a la Xunta un «plan de choque» para mitigar el impacto del cierre del hospital Xeral en su entorno y ha invitado al Ejecutivo gallego y a la Tesorería General de la Seguridad Social a «ceder» esta infraestructura al Ayuntamiento. Caballero ha achacado la situación «de abandono» que padece la zona tras el desvío de la actividad asistencial al Álvaro Cunqueiro a una «decisión incorrecta, desafortunada y mal llevada adelante» por parte de la Xunta.
____________

A conselleira do Medio Rural presentou esta mañá en Lugo o orzamento destinado para esta provincia
A PROVINCIA DE LUGO BENEFICIARASE DE PRETO DE 5,4 MILLÓNS DE EUROS DO PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS
O montante total para toda Galicia ascende a preto de 20 millóns de euros, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais. A través destas achegas, os concellos poderán ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.
____________